Comisión de actividades e servizos

A Comisión de Actividades e Servizos aproba multiples acordos, colaboracións e patrocinios

2019-04-02T17:51:59+00:0022 de Febreiro de 2019|Comisión de actividades e servizos|

O martes, día 19 de febreiro de 2019, ás 12:40 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

ORDE DO DÍA

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (20.11.2018).
Apróbase por asentimento

2. Informe do presidente. Plan de actuacións.

3. Proposta de renovación do acordo para a actualización de contidos da páxina web en 2019, mantemento e comunicación.
Asígnanse 500 € + IVE mensuais durante 2019, prevendo unha revisión semestral en xuño.

4. Acordo que proceda sobre a petición de apoio económico para organizar, en Pontevedra, a VIII edición de Edugal “Salón de educación e formación de Galicia”.
Apróbase unha axuda de 2.500 €.

5. Acordo que proceda sobre a solicitude de patrocinio do seminario internacional “Comunicación social e opinión pública nas ditaduras: narrativas, representacións e idearios”. A desenvolver no Campus de Pontevedra.
Concédese unha axuda de 4.200 €.

6. Acordo que proceda sobre a solicitude de colaboración coa Facultade de Historia para organizar a “II Olimpíada galega de Historia. Fai Historia con nós”, no Campus de Ourense.
Apróbase unha axuda de 1.500 €.

7. Acordo que proceda sobre a solicitude de apoio presentada polo Instituto de cultura científica, ciencia e tecnoloxía (ICCT), para conmemorar o 10o aniversario da revista “Investigación”.
Apróbase unha axuda de 2.500 €.

8. Acordo que proceda sobre a proposta que achega a Vicerreitoría de captación de alumnado para a organización da carreira “HappyGoRunning”, no Campus de Vigo.
Concédense 2.000 €.

9. Acordo que proceda sobre a proposta de patrocinio dun Premio a iniciativas de innovación social, dentro do evento “Hack for Good 2019”, previsto no Campus de Vigo.
Apróbase a dotación de 500 €.

10. Acordo que proceda sobre a solicitude de apoio para a publicación do traballo “Las esferas jurídicas de dos mundos: binomio posesión-dominio”, dado o seu interese científico.
Asígnanse 1.820 €.

11. Acordo que proceda sobre a petición de axuda económica presentada para a edición dun libro-homenaxe ao profesor Argimiro Rojo, ex-responsable do Tribunal de garantías da UVigo.
Apróbase unha aportación de 1.500 €.

12. Acordo que proceda sobre o patrocinio da proposta de elaboración dun Barómetro de empregabilidade dos alumnos da UVigo, en tres etapas distintas. Execución e edición de resultados.
Asígnanse 8.600 € e 1.393,60 €, para a publicación dos traballos e a edición de 90 exemplares en galego e castelán.

13. Acordo que proceda sobre a axuda solicitada dende a Delegación de alumnos da Escola de Enxeñaría Industrial para organizar o Foro Tecnolóxico orientado a facilitar a empregabilidade dos alumnos das escolas técnicas do Campus de Vigo.
Apróbase unha aportación de 1.600 €.

14. Rogos e preguntas.
Participan Mercedes Castro, César Blanco, José María Franco e o Presidente.