Raquel María Souto García

Raquel María Souto García2018-09-20T17:56:01+00:00

Xerente da Universidade de Vigo

Licenciada en Dereito pola USC, accedeu no ano 1998 como funcionaria de carreira do corpo administrativo na administración xeral da comunidade autónoma de Galicia. En 2005 promocionou ao corpo de xestión e no ano 2011 ao corpo superior. A maior parte da súa carreira administrativa desenvolveuna no ámbito de recursos humanos.

Na Dirección Xeral da Función Pública da Xunta de Galicia desenvolveu diversos postos: xefa da Sección de Persoal Laboral, xefa da Sección de Selección, xefa do Servizo de xestión de persoal e dende o ano 2016 subdirectora xeral de provisión de postos e selección de persoal. Así mesmo, foi membro de tribunais de procesos selectivos, de comisións de valoración de méritos en concurso de traslados e da comisión permanente das listas de contratación temporal. Tamén impartiu cursos en materia de persoal na Escola Galega de Administración Pública (EGAP).