Estudos e informes

Informe de prácticas académicas externas extracurriculares por sectores empresariais e titulacións 2020-2021

28 de Decembro de 2021|
Informe de prácticas académicas externas extracurriculares por sectores empresariais e titulacións 2020-20212022-09-28T10:01:08+00:00

Project Description

O Consello Social e a Fundación Universidade de Vigo veñen colaborando nos últimos dez anos na elaboración de estudos e informes de interese para a comunidade universitaria. Ambas entidades comparten o obxectivo de achegar a Universidade de Vigo á súa contorna social e económica e, entre outros, teñen como fins específicos: a realización de actuacións que favorezan a empregabilidade do estudantado, impulsar vía de colaboración con entidades e empresas, e a análise de distintos aspectos que podan apoiar a formación universitaria e o desenvolvemento local.

O informe ten por principais obxectivos:

  • Identificar os ámbitos de formación que acadan un maior nivel de prácticas
  • Dispoñer de datos comparativos desde unha perspectiva temporal
  • Apoiar o valor estratéxico da UVigo como motor de desenvolvemento social e económico
  • Apoiar posibles actuacións que favorezan a empregabilidade dos titulados universitarios

Os indicadores analizados son:

  • Nº de prácticas realizadas extracurriculares
  • Nº de empresas/entidades colaboradoras
  • Nº de prácticas realizadas por ámbito de coñecemento do alumnado
  • Sectores económicos/sociais das empresas/entidades nas que se realizan as prácticas
  • Tipo de empresas e entidades
  • Relación entre sectores económicos e ámbito de coñecemento do alumnado na realización de prácticas
  • Ratio: nº estudantes / empresa
  • Nº de prácticas por sectores e sexo
  • Evolución das prácticas extracurriculares nos últimos 10 cursos académicos