O xoves, 17 de xullo de 2025, ás 12:30 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (30.05.2025).
Apróbase por asentimento. - Informe do presidente.
- Informe do reitor.
- Presentación das conclusións do estudo que mide o impacto social da Universidade de Vigo, a cargo dos profesores Andrés Mazaira e Isabel Diéguez.
Acordase remitir o estudo aos membros e considerar a conveniencia de difundir publicamente as principais conclusións.
Propostas de aprobación e acordos da Comisión Executiva (19 de xuño de 2025)
-
- Aprobación, se procede, da asignación inicial das Bolsas-colaboración concedidas polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, para o curso 2025/2026, aos departamentos da Universidade de Vigo.
Apróbase por asentimento. - Asignación de complementos a profesorado da Universidade de Vigo por recoñecemento ao labor docente e investigador, á excelencia curricular docente e investigadora e polos cargos de xestión.
Ratifícase a asignación. - Aportación económica do Consello Social para a elaboración e entrega de material de acollida ao alumnado de novo ingreso no curso 2025/2026, en colaboración coa Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais.
Apróbase por asentimento. - Outros acordos.
O Pleno dá a súa conformidade.
Propostas de aprobación e acordos da Comisión Económica (30 de xuño de 2025)
- Aprobación, se procede, da asignación inicial das Bolsas-colaboración concedidas polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, para o curso 2025/2026, aos departamentos da Universidade de Vigo.
-
- Informe do presidente da comisión. Informes da Xerencia. Asuntos pendentes.
O Pleno dáse por informado. - Aprobación, se procede, das contas anuais da Universidade de Vigo do exercicio 2024. Informe de auditoría e Memorando de recomendacións.
Apróbase por asentimento. - Análise e valoración das contas anuais de 2024 e do informe de auditoría da Fundación Universidade de Vigo (FUVI). Aprobación, se procede.
Apróbase por asentimento. - Análise e valoración das contas anuais de 2024 e do informe de auditoría de Cidade Universitaria, S. A. (CUSA). Aprobación, se procede.
Apróbase por asentimento. - Análise e valoración das contas anuais de 2024 e do informe de auditoría da Cidade Tecnolóxica da Universidade de Vigo (CITEXVI). Aprobación, se procede.
Apróbase por asentimento. - Recepción, análise e valoración das conclusións da auditoría operativa sobre “Procedementos de xestión económica da Universidade de Vigo, con especial referencia aos fondos MRR recibidos”.
O Pleno dáse por informado. - Creación e participación da Universidade de Vigo na spin-off “CIES5SEC”.
Infórmase favorablemente. - Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo durante o mes de maio de 2025.
O Pleno dáse por informado.
- Informe do presidente da comisión. Informes da Xerencia. Asuntos pendentes.
- Designación dun representante do Consello Social na Unidade de Diversidade da Universidade de Vigo.
Apróbase por asentimento. - Acordo que proceda sobre a axuda solicitada para organizar actos públicos de divulgación científica nas rúas.
Apróbase por asentimento. - Aprobación, se procede, da aplicación de prezos especiais no título de Especialista de Traducción para a industria do videoxogo.
Apróbase por asentimento. - Rogos e preguntas.
Interveñen Xulio Calviño e Juan José Santamaría.