Apróbanse a asignación das Bolsas-colaboración do Ministerio de Educación, as contas anuais da UVigo, CUSA, FUVI e CITEXVI 2024, e diversas axudas e achegas

2025-12-02T16:07:59+00:0017 de Xullo de 2025|Pleno|

O xoves, 17 de xullo de 2025, ás 12:30 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (30.05.2025).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente.
  3. Informe do reitor.
  4. Presentación das conclusións do estudo que mide o impacto social da Universidade de Vigo, a cargo dos profesores Andrés Mazaira e Isabel Diéguez.
    Acordase remitir o estudo aos membros e considerar a conveniencia de difundir publicamente as principais conclusións.

Propostas de aprobación e acordos da Comisión Executiva (19 de xuño de 2025)

    1. Aprobación, se procede, da asignación inicial das Bolsas-colaboración concedidas polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, para o curso 2025/2026, aos departamentos da Universidade de Vigo.
      Apróbase por asentimento.
    2. Asignación de complementos a profesorado da Universidade de Vigo por recoñecemento ao labor docente e investigador, á excelencia curricular docente e investigadora e polos cargos de xestión.
      Ratifícase a asignación.
    3. Aportación económica do Consello Social para a elaboración e entrega de material de acollida ao alumnado de novo ingreso no curso 2025/2026, en colaboración coa Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais.
      Apróbase por asentimento.
    4. Outros acordos.
      O Pleno dá a súa conformidade.

    Propostas de aprobación e acordos da Comisión Económica (30 de xuño de 2025)

    1. Informe do presidente da comisión. Informes da Xerencia. Asuntos pendentes.
      O Pleno dáse por informado.
    2. Aprobación, se procede, das contas anuais da Universidade de Vigo do exercicio 2024. Informe de auditoría e Memorando de recomendacións.
      Apróbase por asentimento.
    3. Análise e valoración das contas anuais de 2024 e do informe de auditoría da Fundación Universidade de Vigo (FUVI). Aprobación, se procede.
      Apróbase por asentimento.
    4. Análise e valoración das contas anuais de 2024 e do informe de auditoría de Cidade Universitaria, S. A. (CUSA). Aprobación, se procede.
      Apróbase por asentimento.
    5. Análise e valoración das contas anuais de 2024 e do informe de auditoría da Cidade Tecnolóxica da Universidade de Vigo (CITEXVI). Aprobación, se procede.
      Apróbase por asentimento.
    6. Recepción, análise e valoración das conclusións da auditoría operativa sobre “Procedementos de xestión económica da Universidade de Vigo, con especial referencia aos fondos MRR recibidos”.
      O Pleno dáse por informado.
    7. Creación e participación da Universidade de Vigo na spin-off “CIES5SEC”.
      Infórmase favorablemente.
    8. Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo durante o mes de maio de 2025.
      O Pleno dáse por informado.
  1. Designación dun representante do Consello Social na Unidade de Diversidade da Universidade de Vigo.
    Apróbase por asentimento.
  2. Acordo que proceda sobre a axuda solicitada para organizar actos públicos de divulgación científica nas rúas.
    Apróbase por asentimento.
  3. Aprobación, se procede, da aplicación de prezos especiais no título de Especialista de Traducción para a industria do videoxogo.
    Apróbase por asentimento.
  4. Rogos e preguntas.
    Interveñen Xulio Calviño e Juan José Santamaría.