Comisión económica

A Comisión estuda a liquidación provisional do orzamento e do remanente de tesouraría de 2025, a aplicación das recomendacións da auditoría operativa sobre o capítulo I e os convenios asinados en abril de 2026, e aproba un novo ámbito de fiscalización centrado na programación plurianual de financiamento da universidade e nas iniciativas doutras universidades do SUG

2026-10-27T11:10:45+00:0010 de Xuño de 2026|Comisión económica|

O mércores, día 10 de xuño de 2026, ás 16:15 h., celebrouse reunión ordinaria da Comisión Económica do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (11.05.2026).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente.
    A Comisión dáse por informada.
  3. Presentación da liquidación provisional do orzamento e do remanente de tesouraría resultante do orzamento de 2025 da Universidade de Vigo, consonte o disposto no artigo 57 da LOSU. Presentación do cálculo provisional de remanente do exercicio.
    A Comisión dáse por informada.
  4. Informe de aproveitamento e aplicación das recomendacións da auditoría operativa sobre “Intervención dos gastos máis representativos da universidade: capítulo I”. Medidas que se están a aplicar.
    A Comisión dáse por informada.
  5. Elección dun novo ámbito para a realización dun informe de auditoría operativa “Proposta propia para abordar a Programación plurianual de financiamento da universidade indicada na LOSU. Análise das diferentes iniciativas doutras universidades do SUG”.
    A Comisión dá a súa conformidade.
  6. Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo durante o mes de abril de 2026.
    A Comisión dáse por informada.
  7. Rogos e preguntas.
    Os membros presentes agradecen a Yolanda Lesmes as súas achegas durante a súa estadía como responsable da Xerencia.
Acordos CEC 10-06-2026 Documento PDF, 248 KB