A Presidencia é a responsable de representar, dirixir, facer a planificación xeral da actividade do Consello Social e exercer calquera outra atribución que se lle encomende legal ou regulamentariamente.
Algunhas das funcións da presidencia son:
- Convocar, establecer a orde do día e dirixir as sesións do Consello Social.
- Informar e dar a coñecer as actividades do Consello Social que considere oportunas, sen prexuízo do que dispoñen as normas aplicables á publicación e á notificación oficiais dos acordos do Consello Social. O presidente ou presidenta será o único que poderá facer declaracións públicas en nome do Consello Social da Universidade de Vigo. Pode autorizar algún ou algúns vogais para intervencións concretas ou particulares.
- Velar polo cumprimento, por parte dos vogais do Consello Social, dos deberes que lles corresponden, segundo a lei e o presente regulamento, así como protexer e defender os dereitos que lles corresponden como tales.
- Autorizar os gastos da partida orzamentaria propia do Consello Social, de conformidade co procedemento establecido.
O Presidente actual
Persoas que ocuparon con anterioridade a Presidencia
Alfonso Zulueta presidiu o Consello do 7 de marzo de 1996 e o 24 de xullo de 2003.
Emilio Atrio Abad foi presidente entre o 24 de xullo de 2003 e o 21 de setembro de 2011.
Últimos actos e discursos do presidente
Éxito do 2º Congreso Internacional de Xestión da Balneoterapia, que reuniu en Ourense un cento de especialistas
O presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa, foi o encargado de pechar unha cita que presentou 67 traballos científicos e que apostou por visibilizar a investigación arredor das augas mineromedicinais
O Consello Social acolle en Vigo aos secretarios dos Consellos das universidades nunhas xornadas da CCSU
A cita aborda o impacto da IA, as novas obrigas e o cumprimento normativo nas secretarías dos Consellos Sociais
Comeza o curso no SUG coa reitora da UVigo apelando á participación do alumnado e a un investimento suficiente, estable e ambicioso
O presidente do Consello na mesa presidencial xunto aos reitores e aos presidentes dos outros consellos sociais
Carmen García Mateo, primeira reitora da UVigo, toma posesión cunha aposta pola excelencia e o diálogo
O presidente do Consello Social acompañou á nova reitora na mesa presidencial do acto
A UVigo recoñece os 30 anos do Consello Social como ponte coa sociedade e homenaxea o seu presidente
O presidente da Xunta e o reitor gabaron as achegas da institución e o bo facer de Ernesto Pedrosa
O presidente do Consello no Faro: “Por cada euro público que recibe a universidade, reporta un impacto de dous euros ao seu territorio”
Ernesto Pedrosa nunha entrevista con motivo da homenaxe polos 30 anos do Consello Social
