O Premio Consello Social UVigo_Humana ten por obxecto o recoñecemento por parte do Consello Social e da Universidade de Vigo do labor desenvolvido por persoas físicas, institucións e organizacións non gobernamentais –tanto galegas como internacionais– que teñan sobresaído pola súa traxectoria en calquera ámbito da solidariedade e a cooperación. Concédense dous premios, un a nivel galego e outro a nivel internacional.

UVigo_Humana 2024
A UNWRA e a Delegación Galega de Emaús EMAÚS Fundación Social, son as entidades gañadoras da V edición dos Premios
Edición de 2024
A UNRWA e a delegación galega de Emaús reciben os premios Consello Social UVigo_Humana 2024 á solidariedade e cooperación
No evento, tamén, 18 egresadas e egresados recibiron galardóns polos seus TFG e TFM
Intervención de Ernesto Pedrosa na entrega dos premios Consello Social_UVigoHumana
"... a Axencia da ONU para a poboación refuxiada de Palestina, UNWRA, así como a EMAÚS VIGO, son exemplos paradigmáticos dos enunciados nos que se basean os premios que hoxe entregamos".
Edicións anteriores
Ano 2023
Os Premios Consello Social UVigo Humana premian o labor da asociación galega Agareso e da iniciativa internacional I-M Defensoras
É a cuarta edición dos galardóns que se veñen celebrando desde 2019
Palabras de Ernesto Pedrosa para o IV Premio Consello Social UVigo_Humana
"...é gratificante que se convertan na cara visible do movemento solidario, o que procura, silenciosa e permanentemente, que vivamos en espazos máis humanos, máis habitables e nos que teñamos a oportunidade de ser mellores".
Unha gala para dar coñecer os gañadores e gañadoras da IV edición dos Premios Consello Social UVigo Humana
O evento se celebra na mañá do xoves 21 de decembro no edificio Redeiras
Ano 2021
Os Boletíns de UVigo_Humana
Recollen actividades solidarias e de cooperación no marco da Axenda 2030, así como recursos e publicacións nese campo
ACTUALIZADO: Vídeo do acto | A Asociación Integral de Rescate de Emerxencias e a Coordinadora Galega de ONGD levan o III Premio Consello Social-UVigo_Humana
O Consello e a Universidade recoñecen o labor solidario e de cooperación destas dúas organizacións
Palabras do Presidente na entrega dos III Premios Consello Social UVigo_Humana
"Porque con estes recoñecementos non só premiamos o labor feito, tamén queremos estimular a obriga moral, o compromiso e a importancia de seguir adiante nesta militancia do ánimo"
Aberto o prazo de presentación de candidaturas aos 3º premios Consello Social UVigo_Humana
A data límite para propoñer persoas ou entidades que destacasen nos eidos da solidariedade e a cooperación é o 15 de outubro
Ano 2020
Vídeo do acto de entrega de galardóns do II Premio Consello Social UVigo_Humana
O evento celebrouse o venres 18 de decembro de 2020.
Discurso do Presidente no acto de entrega dos II Premios Consello Social UVigo_Humana
Como presidente do Consello Social alégrame que nos atopemos neste acto. E alégrame tamén que se visibilice este recoñecemento que responde ao tan expresivo enunciado de UVigo Humana...
Entrega dos II Premios Consello Social UVigo-Humana á asociación Provivienda e ao Fondo Galego de Cooperación
Tamén se achegaron premios aos mellores TFM/TFG en materia de Axenda 2030
Ano 2019
O I Premio Consello Social UVigo-Humana recoñece a Enxeñería sen fronteiras e o Foro socieducativo Os ninguéns
O xurado prémiaos pola "súa contribución a crear un mundo máis comprometido, solidario e xusto"
Premios Consello Social UVigo_Humana
En recoñecemento do labor desenvolvido por persoas e entidades que teñan sobresaído en calquera ámbito da solidariedade e da cooperación