Está convocatoria permanecerá aberta desde o 28 de setembro até o 9 de outubro de 2026.
As Bolsas Ourense rural-Grao son unhas axudas destinadas a atender o custo económico que supón para o alumnado empadroado en concellos rurais de Galicia —de 5.000 habitantes ou menos, agás Ourense— desprazarse ata o campus universitario de Ourense cando existen dificultades de conexión cos medios de transporte habituais. As contías varían en función da distancia desde o termo municipal da vivenda habitual ata a cidade de Ourense, cun máximo de 1.000 euros para distancias superiores aos 39 km, 800 euros entre 29 e 39 km, 400 euros entre 9 e 29 km e 200 euros entre 5 e 9 km. O Consello Social, a UVigo e a Deputación de Ourense promoven estas axudas.
Para optar ás bolsas é necesario estar inscrito no padrón cunha antelación mínima de 12 meses, estar matriculado no curso 2026/2027 nun mínimo de 60 créditos nunha titulación oficial de grao do campus de Ourense ou da Escola de Enfermaría, non ter sido beneficiario destas axudas en cursos anteriores máis aló do número máximo permitido, e cumprir cos requisitos económicos establecidos, que limitan as rendas da unidade familiar (entre 13.898 euros para un membro e 52.850 euros para oito, cun incremento de 3.340 euros por cada novo membro) e o patrimonio familiar. A solicitude realízase a través do formulario en liña dispoñible na web da universidade, na que se debe rexistrar e seleccionar “bolsas propias de estudos”, achegando o Anexo II asinado por cada membro da unidade familiar e a documentación acreditativa correspondente.