Actos do presidente

Ernesto Pedrosa na conferencia “Nuevas tendencias de la educación universitaria según los organismos internacionales”

2019-02-13T15:57:28+00:0013 de Febreiro de 2019|Actos do presidente, Novas|

O presidente do Consello Social da Universidade de Vigo asistiu ao evento que se celebrou en Madrid o pasado 12 de febreiro. No mesmo, o relator, Francisco Michavila, Conselleiro de Educación na Delegación Permanente de España diante da OCDE, UNESCO e o Consejo de Europa, así como ex-director da Cátedra UNESCO de Xestión e Política Universitaria da Univesidad Politécnica de Madrid plasmou as súas ideas e respondeu preguntas en relación aos temas que compoñen a actual axenda internacional en materia de educación universitaria e o xeito en que o Sistema Universitario Español acomete ditas tendencias.

Ernesto Pedrosa puido contrastar outra visión que o profesor Michavila achegou, sempre desde o seu recoñecido europeismo: o reto de imaxinar como debería ser a nova universidade para os estudantes que están por chegar.

O acto tivo lugar no Colegio Mayor Universitario Santa María de Europa.