Presidente Consello Social
Presidencia
A Presidencia é a responsable de representar, dirixir, facer a planificación xeral da actividade do Consello Social e exercer calquera outra atribución que se lle encomende legal ou regulamentariamente.
Algunhas das funcións da presidencia son:
- Convocar, establecer a orde do día e dirixir as sesións do Consello Social.
- Informar e dar a coñecer as actividades do Consello Social que considere oportunas, sen prexuízo do que dispoñen as normas aplicables á publicación e á notificación oficiais dos acordos do Consello Social. O presidente ou presidenta será o único que poderá facer declaracións públicas en nome do Consello Social da Universidade de Vigo. Pode autorizar algún ou algúns vogais para intervencións concretas ou particulares.
- Velar polo cumprimento, por parte dos vogais do Consello Social, dos deberes que lles corresponden, segundo a lei e o presente regulamento, así como protexer e defender os dereitos que lles corresponden como tales.
- Autorizar os gastos da partida orzamentaria propia do Consello Social, de conformidade co procedemento establecido.
O Presidente actual
Persoas que ocuparon con anterioridade a Presidencia
Armando Priegue Guerra, primeiro presidente do Consello Social, presidiu o Consello do 31 de marzo de 1995 a marzo de 1996.
Alfonso Zulueta presidiu o Consello do 7 de marzo de 1996 ao 24 de xullo de 2003.
Emilio Atrio Abad foi presidente entre o 24 de xullo de 2003 e o 21 de setembro de 2011.
Actividades e discursos do presidente
Evento
Do 12 ao 14 de novembro
O presidente Pedrosa representa ao Consello nas xornadas da CSSU en Murcia
Evento
No serán do xoves 22 de outubro
O xoves 22 de outubro entregaranse os V Premios Alumni, cos que colabora o Consello Social
Evento
Na mañá do 21 de outubro
O presidente o Consello na inauguración do XV Salón Edugal
Evento
Os días 29 e 30 de outubro
O presidente do Consello participará no XXX Congreso Alumni España que se celebra en Compostela