IV Xornada de Investigación do Campus CREA co apoio do Consello e a presencia de Ernesto Pedrosa
A Escola de Enxeñaría Forestal e a Facultade de Comunicación son as sedes da Xornada de Investigación Crea, na que estudantes de doutoramento de diferentes programas expoñen as súas liñas de investigacións, plasmadas nos pósters que presentarán ás persoas asistentes.
Promovida co apoio do Consello Social da UVigo, esta xornada arrancará ás 9.40 horas na Escola de Enxeñaría Forestal. A programación ábrese cunha conferencia da profesora do Departamento de Didácticas Especiais da UVigo Nuria Castiñeiras. A partir das 10.45 horas terán lugar as sesións de presentación dos pósters, que se levarán a cabo de xeito simultáneo na EE Forestal e na Facultade de Comunicación. A programación da xornada continúa cun relatorio sobre revistas científicas, no que participan o profesor Luis Velasco, director do International Multidisciplinary Journal CREA, e o estudante de doutoramento da USC Sergio Rodríguez.
A Xornada de Investigación Crea péchase ás 13.20 horas coa entrega do premio ao mellor póster, na que participarán a vicerreitora do campus e o presidente do Consello Social. Tas esta terá lugar, ás 13.30 horas, a entrega dos VI Premios de Investigación Crea, nun acto que terá lugar na Facultade de Comunicación e no que participarán a vicerreitora do campus e o vicepresidente da Deputación.
Asistirán Ernesto Pedrosa, presidente do Consello Social; Marián Fernández, vicerreitora do campus de Pontevedra; Rafael Domínguez, vicepresidente da Deputación de Pontevedra e Alberto Dafonte, director do Campus Crea