Saltar ao contido

1995

Constitución oficial do Consello Social

O 20 de xullo constitúese formalmente o Consello Social da Universidade de Vigo, asumindo as funcións do anterior Consello Económico e Social. O 31 de marzo dese ano, Armando Priegue Guerra fora nomeado primeiro presidente do órgano, cun mandato breve que se prolongaría ata marzo de 1996.

1996

Alfonso Zulueta, novo presidente, e primeiro orzamento consolidado

O 7 de marzo, Alfonso Zulueta de Haz é nomeado presidente do Consello Social, sucedendo a Armando Priegue. O 24 de abril, o Consello aproba o orzamento da UVigo para 1996, exercendo por primeira vez a súa competencia legal de validar as contas da institución.

1997

Nace a Asociación de Amigos da Universidade de Vigo

O 20 de xaneiro apróbanse os estatutos e inscríbese oficialmente a Asociación de Amigos da Universidade de Vigo. A asociación nace co obxectivo de estreitar os vínculos entre a universidade e a sociedade, converténdose no primeiro xermolo da futura comunidade de antigos alumnos pola que o Consello mantivo un grande interese.

1998

25 aniversario dos estudos universitarios en Vigo

Co obxectivo de conmemorar os 25 anos da implantación dos primeiros estudos universitarios en Vigo (1973-1998), o apoia a edición da obra 25 años de Universidad en Vigo, coordinada pola Asociación de Amigos da Universidade de Vigo e publicada por Caixavigo, que recolle a evolución da institución desde os seus inicios no Colexio Universitario de Vigo (CUVI).

1999

O Consello consolida o seu programa propio de bolsas e axudas de mobilidade, complementario ao programa Erasmus, para incentivar a proxección internacional e o contacto práctico do alumnado coas empresas do contorno.

2000

O Consello impulsa as primeiras axudas para facilitar as prácticas en titulacións de difícil acceso ao mercado laboral, promovendo obradoiros de busca de emprego nos que participaron preto de 200 alumnos.

2001

A Lei Orgánica de Universidades (LOU) 6/2001 modifica o marco competencial dos Consellos Sociais, reforzando o seu papel na supervisión das actividades económicas da universidade e no rendemento dos seus servizos.

2003

Emilio Atrio Abad, novo presidente do Consello

O 24 de xullo, o avogado ourensán Emilio Atrio Abad é nomeado presidente do Consello Social, sucedendo a Alfonso Zulueta. O seu mandato estenderase ata 2011.

2004

O 23 de marzo, o Pleno aproba o primeiro Regulamento de organización e funcionamento do Consello Social, adaptado á Lei 1/2003. Publicado no DOG o 25 de xuño, define por primeira vez de forma completa a natureza, as funcións e as competencias do órgano.

Ignacio Rodríguez novo Secretario do Consello

Noméase a Ignacio Rodríguez Iglesias como novo Secretario do Consello Social, substituíndo a Ignacio López Chaves.

2005

Firma ante notario da constitución da CSSU. 18-03-2005.

Creación da Conferencia de Consejos Sociales

A UVigo é unha das seis universidades fundadoras da CCSU, creada en 2005 nas Illas Canarias, consolidando a coordinación estatal destes órganos.

2006

Vigo acolle as xornadas da Conferencia e Consejos Sociales

O Consello Social da UVigo organiza en Vigo as xornadas da Conferencia de Consejos Sociales de las Universidades Españolas, un encontro clave para o asentamento dos Consellos Sociais.

2007

O 30 de xullo, o Pleno acorda crear a Comisión de Recoñecemento ás Empresas que colaboran coa UVigo, constituída formalmente o 21 de outubro.

2008

Acto de homenaxe ás empresas que colaboran coa UVigo

Celébrase un dos grandes actos de recoñecemento ao tecido empresarial galego, presidido por Ana Botín, consolidando a liña de conexión co mundo empresarial e a captación de apoios externos.

2009

Pedrosa Silva, vicepresidente do Consello desde 2004, entra a formar parte do Comité Ejecutivo da CCSU, dando voz á Universidade de Vigo no ámbito estatal.

2010

Ferrán Adria na Universidade de Vigo

O chef Ferrán Adriá encheu o salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, amosando a apertura do Consello a figuras de relevancia social e a súa aposta por conectar universidade e sociedade.

2011

Ernesto Pedrosa, novo presidente

O 22 de setembro, Ernesto Pedrosa Silva é nomeado presidente do Consello Social polo presidente da Xunta. Na súa presidencia O Consello vive unha época de transformación estratéxica.

2012

No momento máis duro da crise financeira, o Consello reorienta as súas comisións de traballo para esixir a integración do mapa de titulacións coas necesidades industriais de Galicia e impulsar as spin-offs universitarias.

2013

Nun contexto de profunda recesión, o Consello mobiliza fondos de urxencia para axudas de matrícula destinadas a estudantes en risco de abandono por quebra económica familiar, fixando o compromiso social como primeiro piar do órgano.

2014

Comeza a recollida de datos e enquisas que darán lugar ao Observatorio de Egresados da UVigo.

2015

O 4 de agosto apróbase un novo Regulamento, adaptado á Lei 6/2013 do Sistema Universitario de Galicia.

2016

A Universidade de Vigo celebra os seus 25 anos baixo o lema “71.487 persoas tituladas”. O Consello impulsa a base de datos histórica do estudantado egresado.

2017

Presentación do primeiro informe do Observatorio na súa creación en 2016

Nace o Observatorio de Egresados

Materialízase a macroenquisa histórica (1991-2015) para auditar o éxito laboral dos titulados.

2018

Imaxe das V Xornadas de fundrasing que se celebrarían ao ano seguinte baixo a organización do Consello Social

Baixo o lema “Mecenazgo universitario: entre economía e afecto”, o presidente defende o mecenado como “doazón emocional”.

2019

Convócase a 1ª edición dos Premios Consello Social UVigo_Humana

Os premios recoñecen por parte do Consello e da Universidade o labor desenvolvido por persoas físicas, institucións e organizacións non gobernamentais –tanto galegas como internacionais–.

2020

Co confinamento, o Consello mobiliza fondos para ordenadores e conexións para estudantes vulnerables.

2021

A comunicación como ponte contra a endogamia académica


O presidente defende que a universidade debe explicar con linguaxe sinxela o valor real da UVigo á cidadanía.

2022

Nace a Comunidade Alumni-UVigo e entréganse os primeiros Premios Alumni

Constitúese Alumni Vigo co pulo do Consello e entréganse os primeiros premios ás traxectorias das persoas egresadas máis destacadas. O Consello colabora co galardón desde a primeira convocatoria.

2023

Coa entrada en vigor da nova Lei Orgánica do Sistema Universitario, o Consello pelexa por blindar as súas competencias de supervisión e participación social.

2024

«Universidade e empresa, enerxías poderosas nun camiño compartido»

Baixo este lema, o Consello publica a súa memoria e impulsa a III edición dos Premios Alumni-UVigo.

2025

O Consello publica o Informe de Valor Social Integrado da UVigo

O 21 de outubro, o Consello presenta en Ourense o primeiro informe que cuantifica en 387,7 millóns de euros anuais o valor social da UVigo.

2026

Membros do Consello e autoridades nunha imaxe do día da celebración.

Os 30 anos de compromiso e valores do Consello

O 17 de xuño, a Universidade de Vigo rende homenaxe ao Consello Social polo seu 30 aniversario nun acto presidido por Alfonso Rueda.

Foto de familia das secretarias e secretarios participantes

O Consello a colle a Xornada de secretarios da CSSU

Os días 21 e 22 de setembro O Consello Social acolleu a Xornada da CCSU, un encontro que reuniu secretarias e secretarios procedentes de 23 universidades.

Universidade de Vigo
xs