Secretario do Consello Social
Secretaría
Correspóndelle á Secretaría do Consello xestionar organizar ou desenvolver unha serie de actividades.
Entre elas:
- Dirixir as dependencias administrativas e do seu persoal adscrito.
- Xestionar a partida orzamentaria, baixo a supervisión da presidencia.
- Organizar o rexistro e o arquivo, así como a custodia dos libros de actas e documentos.
- Elaborar ou presentar os estudos e os informes que a Presidencia lle requira ou encargue.
- Programar as reunións do Consello e tramitar as convocatorias e as notificacións que corresponda.
- Preparar o proxecto da memoria de actividades.
- Redactar a acta das reunións e actuar como fedatario das actas e dos seus acordos.
- Proporcionarlles aos membros as informacións que lle soliciten.
Exerce o cargo desde o ano 2004.
A Secretaría do Consello conta tamén co apoio de Montserrat Pereira e Carmen Estévez.