Saltar ao contido

O Consello Social da Universidade de Vigo está composto por 31 membros. Deles, a maiores da Presidencia, 25 conselleiros actúan en representación dos intereses sociais e e son elixidos polo Parlamento de Galicia, a Xunta de Galicia, os sindicatos, as organizacións empresariais, os tres concellos nos que radican os Campus (Vigo, Ourense e Pontevedra), a Asociación de Antigos Alumnos e polos Colexios Profesionais vinculados coa oferta da Universidade. Os seis restantes son designados pola Comunidade Universitaria. O conxunto de todos os vogais conforma o Pleno que é o principal órgano colexiado do Consello.

Outros órganos colexiados son as comisións. O Consello conta con tres comisións permanentes para desenvolver os labores que ten encomendados: a Executiva, a Económica e a de Actividades e servizos.

O Consello Social dispón tamén dunha Secretaría que conta con medios materiais e persoais para cumprir os seus obxectivos.

Conselleiros asistentes ao último pleno de 2025

Para coñecer a composición e actividades destes órganos pódese ir ás páxinas de cada un deles desde o menú superior ou facendo clic nas seguintes ligazóns:

 

Universidade de Vigo
xs