Saltar ao contido

Consello Galego de Universidades

En virtude do artigo 12 da Lei 5/1987, do 27 de maio, do Consello Social da Universidade e o Consello Universitario de Galicia (DOG nº 103, do 2 de xuño) os presidentes dos Consellos Sociais das Universidades galegas pertencen ao Consello Universitario de Galicia.

En virtude da Lei 2/2003, do 22 de maio, o Consello Universitario de Galicia pasa a chamarse Consello Galego de Universidades.

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG)

Na resolución do 12 de marzo de 2001 da Dirección Xeral de Universidades, pola que se publica o convenio de colaboración asinado o día 30 de xaneiro de 2001 entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, e as Universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo créase o Consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).

Na cláusula quinta desta resolución apróbanse os estatutos do Consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG). En virtude dos artigos 14 e 21 destes estatutos os presidentes dos Consellos Sociais das Universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo forman parte do Consello de Dirección do devandito consorcio, e un representante do Consello Social de cada universidade consorciada formará parte do Consello Técnico da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia.

Actualmente a representación do Consello Social da Universidade de Vigo é asumida no Consorcio polo presidente

e no Consello técnico polo secretario

Ir á web da ACSUG

Consello de goberno da Universidade de Vigo

No Pleno do 23 de setembro de 2021 foron elixidos os representantes do Consello Social no Consello de Goberno da Universidade:

Máis información sobre o Consello de goberno da Universidade de Vigo

Outros organismos da UVigo

Comisións do Consello de goberno

Posteriormente á designación comunicóuselles aos representantes no Consello de Goberno a adscrición ás comisións específicas, quedando do seguinte xeito:

Comisión de Extensión Universitaria e Estudantado:

Comisión de Investigación e Transferencia:

Comisión de Planificación e Asuntos Económicos:

Comisión de Organización Académica e Profesorado:

Comisión de Estatutos do Claustro da Universidade de Vigo

O Claustro do 18 de abril de 2023 aproba a creación e a composición da comisión, que celebra a súa sesión constitutiva o 20 de setembro de 2023. Acórdase o representante do Consello Social na Comisión de Estatutos do Claustro da UVigo na Comisión Executiva do Consello Social do 17.10.2023.

Representante:

Comisión de Estudos do Centro de Posgrao Permanente (CPFP)

O Consello de Goberno do 28 de febreiro de 2024 aproba a creación e a composición da comisión, que celebra a súa sesión constitutiva o 6 de marzo de 2024. No Pleno celebrado o 25 de marzo de 2024 comunícase aos membros a designación do representante do Consello Social na Comisión de Estudos do CPFP.

Representante:

Comisión de Diversidade da Universidade de Vigo

Por acordo do Pleno reunido con data 17 de xullo de 2025, desígnase como representante a:

Consello Reitor do Campus CREA de Pontevedra

Con data 21 de marzo de 2024 o reitor da Universidade de Vigo solicita ao presidente do Consello Social a súa pertenza ao consello reitor, que este asume o 2 de abril de 2024, en representación do Consello Social.

Representante:

Consello Reitor do Campus Auga de Ourense

A Comisión Executiva do Consello Social do 7 de outubro de 2024 acordou a designación da empresa Grupo Valtalia para a representación do Consello Social neste consello reitor, acordo ratificado no Pleno do 28 de outubro.

O consello reitor celebrou a súa sesión constitutiva o 19 de novembro de 2024.

Representante: Ramón Blanco López (Director de Economía Circular do Grupo Valtalia)

Institutos Universitarios de Investigación

Instituto de Investigación en Física, Computación e Ciencia Aeroespacial – IFCAE

O Instituto de Física e Ciencias Aeroespaciais, celebrou a súa sesión constitutiva o 10.03.2023. Pasou a denominarse Instituto de Investigación en Física, Computación e Ciencia Aeroespacial, por aprobación do Consello de Goberno de data 24 de novembro de 2025.

Representante: 

Instituto de Agroecoloxía e Alimentación – IAA

Celebrou a súa sesión constitutiva o 10.05.2023. A Comisión Executiva do Consello Social de data 22 de xuño de 2026 dá a súa conformidade.

Representante: 

Instituto de Xustiza e Xénero da UVigo – IXEX 

Celebrou a súa sesión constitutiva o 06.09.2023. A Comisión Executiva do Consello Social de data 17 de outubro de 2023 dá a súa conformidade á designación.

Representante: 

Instituto de Investigación Lingua

Aprobada a proposta de creación na xuntanza do Consello de Goberno da Universidade de Vigo do 30.07.2024. A Comisión Executiva do Consello Social de data 7 de outubro de 2024 dá a súa conformidade á designación.

Instituto de Investigación en Ciencias do Deporte – CIDEGA

Aprobada a proposta de creación na xuntanza do Consello de Goberno da Universidade de Vigo do 30.07.2025 co acrónimo INCIDE e, aprobado o cambio de acrónimo a CIDEGA na xuntanza do Consello de Goberno do 24.11.2025. O Pleno do Consello Social de data 25 de novembro de 2025 dá a súa conformidade á designación.

Representante:

Mesa de contratación da Universidade de Vigo

Por acordo do Pleno reunido con data 23 de setembro de 2021 e consonte resolución do Consello Social do 29.09.2021, desígnase un membro permanente na Mesa de Contratación da Universidade de Vigo, en representación do Consello Social.

Representante:

Comisión de Igualdade da Universidade de Vigo

Por acordo do Pleno reunido con data 23 de setembro de 2021, designouse representante do Consello Social na Comisión de Igualdade da Universidade de Vigo.

Representante:

Máis información sobre a igualdade na Universidade de Vigo

 

Comisión de seguimento do Plan Estratéxico da Universidade de Vigo

No Consello de Goberno celebrado o 12 de marzo de 2021 acórdase o representante do Consello Social na comisión de seguimento do Plan Estratéxico da UVigo.

Representante:

 

Comisión reitora de Centros de Investigación

Constituída o 24 de marzo de 2020 segundo o artigo 15 da normativa de Grupos, agrupacións e centros de investigación da Universidade de Vigo (Consello de Goberno do 26.06.2019).

Representante:

Fundación Universidade de Vigo

A representación do Consello Social na Fundación Universidade de Vigo reflíctese no órgano de máis alta xerarquía da Fundación que é o Padroado da FUVI, que lle corresponde ao presidente do Consello Social como patrono nato. A seguinte representación recae no secretario e fíxose efectiva por designación do presidente do Consello Social, quen previamente deu conta ao Pleno. O secretario do Consello Social forma parte do Consello Executivo da Fundación.

Representante no Padroado:

Ir á Fundación Universidade de Vigo

Cidade Universitaria S.A. (CUSA)

A representación do Consello Social en Cidade Universitaria S.A. reflíctese no seu Consello de Administración e na Xunta Xeral de Accionistas.

Representante no Consello de Administración e na Xunta Xeral de Accionistas:

Asemblea Xeral da Conferencia de Consellos Sociais das Universidades Españolas (CSSU)

Constitúe o máximo órgano de goberno da CCS. Está formada polos representantes das universidades asociadas e encárgase de planificar a organización, o funcionamento e as actividades da Conferencia.

Representante:

Comisión de Transferencia e relacións coa sociedade da Conferencia de Consellos Sociais das Universidades Españolas (CCSU)

A comisión aborda todos os asuntos que en materia de relacións coa sociedade compete aos Consellos Sociais das Universidades Españolas.

Representante:

Comisión Académica da Conferencia de Consellos Sociais das Universidades Españolas (CCSU)

A comisión aborda todos os asuntos que en materia académica compete aos Consellos Sociais das Universidades Españolas.

Representante:

Comisión Económica da Conferencia de Consellos Sociais das Universidades Españolas (CCSU)

Esta comisión é a encargada de informar e propoñer asuntos de materia económica ao Comité Executivo e á Asemblea Xeral. Así mesmo aborda todos os asuntos que en materia económica compete aos Consellos Sociais das Universidades Españolas.

Representante:

Ir á web da Conferencia de Consellos Sociais

Universidade de Vigo
xs