Mª Elvira Larriba Leira
Membro do Consello Social desde novembro de 2016, é licenciada en Xeografía e Historia (USC), con formación especializada en museoloxía (UCM) e formación directiva (IESE).
Foi técnica de museos na Xunta de Galicia e no Museo Municipal de Vigo Quiñones de León. Docente, investigadora e coautora de publicacións sobre historia da arte e museoloxía. Desenvolveu tamén labores de consultoría estratexica, innovación e responsabilidade social.
Foi concelleira en Vigo e senadora pola provincia de Pontevedra.
Actualmente é subdelegada de Patrimonio Histórico e Arte Sacra da Diocese de Tui-Vigo e directora da entidade social Stella Maris de Vigo.”