Saltar ao contido

O presidente Pedrosa representa ao Consello nas xornadas da CSSU en Murcia

Actos do presidente

A Conferencia de Consejos Sociales de las Universidades Españolas (CCS) celebra en Murcia, do 12 ao 14 de novembro, a súa asemblea xeral e as súas xornadas anuais, un encontro que reunirá representantes dos consellos sociais de todo o Estado para analizar o papel da universidade no novo contexto internacional marcado pola competencia tecnolóxica, a autonomía estratéxica e a seguridade económica. O programa inclúe a conferencia inaugural “La universidad emprendedora: una nueva misión para impulsar la innovación y la competitividad”, así como mesas redondas sobre a creación e consolidación de empresas de base tecnolóxica (EBT), a seguridade na investigación e a transferencia de coñecemento, ademais dos actos institucionais de apertura e clausura.

O presidente do Consello Social da Universidade de Vigo, Ernesto Pedrosa, asistirá á cita e participará na Asemblea Xeral da CCS, de cuxa comisión executiva forma parte. A súa presenza en Murcia enmárcase na participación habitual do Consello Social da UVigo nos órganos de goberno da Conferencia, que reúne os consellos sociais das universidades públicas españolas.

Universidade de Vigo
xs