Saltar ao contido

O presidente asite en Madrid á presentación dun estudo sobre a formación dual universitaria

Actos do presidente

A Fundación Bertelsmann e a Conferencia de Consejos Sociales de las Universidades Españolas (CCSU) organizan o vindeiro mércores 2 de decembro de 2026 a presentación da Radiografía de la Formación Dual Universitaria 2026, un evento que se celebrará a partir das 11:00 horas no Espacio Bertelsmann. Baixo o título La formación dual en las universidades españolas, e en colaboración con Mondragon Unibertsitatea e a Fundación CYD, a xornada reunirá a representantes institucionais e expertos para debater sobre a evolución deste modelo formativo, analizando cara a onde avanza, que universidades o integran de forma máis estratéxica e en que graos e másteres ten maior presenza.

O encontro contará coa participación de expertos de Alemaña, Francia e Bélxica, que compartirán as súas experiencias e analizarán os principais retos e solucións no contexto europeo. A xornada arrincará cun diálogo institucional no que participará Ángela Santianes, presidenta da CCSU, e incluirá unha mesa redonda específica sobre a formación dual en Europa, na que intervirán representantes de institucións como a CEOE, antes de pechar cun espazo de networking.

A este encontro asistirá o presidente do Consello Social da UVigo, Ernesto Pedrosa, nunha cita que supón unha oportunidade clave para afondar na conexión entre a universidade e o tecido produtivo, un dos eixes estratéxicos do órgano.

Universidade de Vigo