O presidente no acto de entrega dos Premios de investigación do Campus Auga
Actos do presidente
Colaboracións e patrocinios
No serán do mércores 25 de novembro
O presidente do Consello Social participará no acto de entrega das VII e VIII edición dos Premios de Investigación, Trasferencia e Divulgación Científica do Campus Auga, que terá lugar no Teatro Principal de Ourense.
Estes, son premios de investigación, transferencia, innovación educativa e divulgación científica dotados cun orzamento de case 9000 euros. Os galardóns teñen a finalidade de recoñecer e estimular accións relevantes nos eidos que contribúan á promoción do Campus Auga.
Están financiados a través dos convenios que ten a UVigo coa empresa Viaqua Xestión Integral de Augas de Galicia SAU e tamén coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para financiar o Campus Auga.