Actos do presidente

O Consello Social colabora co 10 aniversario da Revista Investigación

2019-04-29T20:07:49+00:0026 de Abril de 2019|Actos do presidente, Colaboracións e patrocinios, Novas|

O pasado 25 de abril celebrouse no auditorio de Afundación de Vigo o acto do décimo aniversario da revista “Investigación”. O evento que colgou o “cheo total” acolleu un público formado por persoal investigador da Universidade de Vigo, do Centro Oceanográfico e do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC.

A mesa presidencia do 10º aniversario –o presidente do Consello entre eles–, acompañan ao novo membro de honra do Instituto

A mesa presidencial estivo formada por José Luis Vázquez, presidente e Juan Manuel Vieites, vicepresidente de Relacións instucionais, do “Instituto Cultura, Ciencia y Tecnología” –promotores do acto–, así como pola Presidenta do Congreso, Ana Pastor, polo Presidente do Consello Social da UVigo, Ernesto Pedosa e a directora da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia, Patricia Argerey. O Alcalde de Vigo desculpou a súa ausencia.

O encontro contou co catedrático de Paleontoloxía, director do “Museo de la Evolución Humana” e Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica, Juan Luis Arsuaga, que impartíu unha conferencia sobre o impacto da alimentación na evolución humana e foi nomeado membro de honra do “Instituto Cultura, Ciencia y Tecnología”.

O Consello Social da Universidade de Vigo colabora habitualmente coa Revista Investigación e apoiou o acto