Colaboracións e patrocinios

O Consello Social patrocina o programa e_DESTREZAS 2019-2020

2019-09-16T17:41:08+00:0030 de Agosto de 2019|Colaboracións e patrocinios, Novas|

A adquisición de competencias dixitais é unha necesidade da educación universitaria no marco da Europa do coñecemento. A universidade debe responder a novas expectativas, como a aprendizaxe ao longo da vida, o desenvolvemento de habilidades multidisciplinares e as competencias no uso e no manexo da información.

Por todo isto, o Consello Social, colaborando coa Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria patrocina o programa formativo gratuíto e_DESTREZAS, que ten por obxectivo facilitar o desenvolvemento e a mellora das competencias dixitais da comunidade universitaria da UVigo.

e_DESTREZAS impártese nos tres campus e os primeiros cursos comezan a fins de setembro e se prolongan durante o período lectivo 2019-2020. En total o conxunto formativo abrangue 16 ”destrezas” nos ámbitos do deseño gráfico, do cálculo científico, da análise de datos, da tradución asistida, do modelado 3D, desenvolvemento de webs, creación dun perfil profesional etc.

Podes descargar aquí os PDFs de cada campus:

Ourense (5,7 Mb)   |   Pontevedra (3,2 Mb)   |   Vigo (5,7 Mb)

e atopar máis información e inscribirte en

> CULTURXEST