Colaboracións e patrocinios

Éxito de público de Debut 2019, pasarela coa que colaborou o Consello Social

2019-11-22T13:36:51+00:0022 de Novembro de 2019|Colaboracións e patrocinios, Novas|

Inmaculada Rodrigues foi a gañadora da XIII edición de Debut na que o 21 de novembro, vinte novas tituladas de Esdemga presentaron no Pazo da Cultura de Pontevedra as coleccións dos traballos de fin de estudos. A colección que levou este primeiro premio ten por título Herencia e semella unha “fusión entre oriente e occidente”, combinando fórmulas volumétricas barrocas coa influencia oriental de pezas como o quimono.

O xurado de Debut 2019 outorgou o segundo premio a  A la sombra de las luces, de Laura Murillo e recoñeceu cun accésit o proxecto Novaya Zemlya, de Miriam Otero. Así mesmo, aos premios sumouse nesta edición un novo galardón á colección con maior potencial comercial, co que se distinguiu o proxecto Un dos, un dos… y todo irá bien, de Vicky Cordero.

“Un punto de peche e un punto de inicio”

Lola Dopico, directora de Esdemga, presentou o evento como unha “festa das estudantes” que celebra unha edición “moi especial”, caracterizada por ser “un punto de peche e un punto de inicio”: presentaban as súas coleccións dez novas tituladas no título propio de Esdemga, que o pasado curso se impartiu por última vez, e  ao tempò presentáronse os traballos finais da “primeira xeración” de egresadas do mestrado en Deseño e Dirección Creativa en Moda.

Un numeroso público asistíu ao evento

É dicir, nesta ocasión, xunto ás 20 coleccións que optaban aos diferentes premios, Debut 2019 completouse, coa presentación dunha serie de creacións nacidos de exercicios académicos, proxectos realizados o pasado curso por estudantes de primeiro curso de mestrado e coas propostas que 16 alumnas e alumnas realizaron, divididas en catro grupos, na iniciativa Brand by us, na que debían desenvolver o deseño dunha marca de moda. A iniciativa contou co apoio do Consello Social.

O acto reuniu a numerosos representantes do sector da moda e diversas autoridades, como o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; o vicerreitor de Ordenación Académica e Profesorado, Manuel Ramos; e o decano de Belas Artes, Xosé Manuel Buxán entre outros.

[Imaxes e informacións recollidas dunha nova do DUVI]