O luns, día 16 de decembro de 2019, ás 12:00 h., celebrouse reunión ordinaria da Comisión Económica do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:
- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (19.06.2019).
Apróbase por asentimento. - Informe do Presidente.
- Informe sobre o teito de gasto anual da UVigo para o exercicio orzamentario de 2020, consonte o disposto no Real Decreto 14/2012, do 20 de abril.
Emítese informe favorable. - Aprobación, se procede, da proposta de orzamento da UVigo para o exercicio de 2020. Elevación ao Pleno.
A Comisión informa favorablemente para remisión ao Pleno. - Aprobación, se procede, da doazón á UVigo do equipo T2010A LTE Wireless Communications Test Set, da empresa Keysight Technologies.
A Comisión informa favorablemente para remisión ao Pleno. - Informe sobre a Oferta pública de emprego do Persoal de Administración e Servizos da UVigo para o ano 2019.
- A Comisión informa favorablemente.
- Propostas de enfoque e metodoloxía para o próximo informe de auditoría operativa sobre “Estrutura, funcionamento e xustificación de proxectos internacionais de cooperación e de investigación noutras universidades españolas, financiados con fondos europeos”. Encargo á empresa auditora.
Apróbase o encargo. - Informe sobre os convenios asinados pola UVigo no mes de novembro de 2019.
A Comisión dáse por informada. - Rogos e preguntas.
Non hai.