O Pleno aproba as liñas do seu plan de actuación e o orzamento para 2020, así como a nova denominación de Ciencias da educación de Ourense e diversos acordos, informes e axudas

2021-01-19T11:11:42+00:0027 de Decembro de 2019|Pleno|

O venres, 27 de decembro de 2019, ás 12:30 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

  1. Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (02.12.2019).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente.
  3. Informe do Reitor.

Acordos e informes da Comisión Económica e propostas ao Pleno (reunión de 16 decembro 2019).

  1. Informe sobre o teito de gasto anual da UVigo para o exercicio orzamentario de 2020, consonte o disposto no Real Decreto Lei 14/2012, do 20 de abril.
    O Pleno dá a conformidade.
  2. Aprobación, se procede, da proposta de orzamento da UVigo para o exercicio de 2020.
    O Pleno dá a súa aprobación.
  3. Aprobación, se procede, da aceptación da doazón de equipos da empresa Keysight Technologies á UVigo, a proposta do Consello de Goberno.
    O Pleno dá a súa aprobación.
  4. Informe sobre a oferta pública de emprego do Persoal de Administración e Servizos da UVigo para o ano 2019.
    O Pleno dáse por informado.
  5. Elección dun novo ámbito universitario para a realización dunha auditoría operativa sobre xestión de proxectos internacionais de cooperación e de investigación.
    O Pleno dá a conformidade.
  6. Convenios asinados pola UVigo no mes de novembro de 2019.
    O Pleno dáse por informado.

– – – – – – – –

  1. Informe previo que proceda para a creación da empresa Blue Structure, S.L., como EBT da Universidade de Vigo, autorización para a participación no seu capital social, e contraprestacións aplicables de ser o caso.
    O Pleno informa favorablemente.
  2. Informe que proceda sobre o cambio de denominación da Facultade de Ciencias da Educación, no Campus de Ourense, consonte acordo do Consello de Goberno.
    O Pleno emite informe favorable.
  3. Acordo que proceda sobre a axuda solicitada para o organización en Pontevedra da IX edición de EDUGAL (Salón de educación e formación de Galicia), no mes de febreiro de 2020.
    O Pleno aproba a proposta.
  4. Orzamento do Consello Social para o exercicio 2020.
    O Pleno aproba o orzamento.
  5. Aprobación, se procede, das liñas xerais do Plan de actuacións a desenvolver polo Consello Social en 2020.
    O Pleno dá a súa aprobación.
  6. Manifesto en apoio das universidades públicas de Galicia.
  7. Rogos e preguntas.
    Non hai.