No Paraninfo da Reitoría (A Maestranza), o 14 de xaneiro, ás 12:30 horas, celebrouse a investidura do profesor Julio Abalde Alonso como Reitor da Universidade da Coruña. No mesmo acto tomaron posesión o resto de persoas do equipo de goberno da UDC.
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, entregou o bastón de mando da Reitoría da Universidade da Coruña a Abalde, despois de que o catedrático de Microbioloxía fose reelixido Reitor nas eleccións do pasado mes de decembro co 70% dos votos.
No evento participou un gran número de personalidades convidadas entre as que estaba Ernesto Pedrosa en representación do Consello Social da Universidade de Vigo.
O acto rematou cos discursos do reitor e do presidente da Xunta.