O mércores 12 de febreiro tivo lugar a inauguración de Edugal. Desde ese momento e ata o venres, milleiros de estudantes de toda Galicia pasarán polo Pazo da Cultura de Pontevedra, onde se celebra a novena edición do Salón de Oferta de Educación e Formación de Galicia Edugal. A feira está promovida pola Asociación de Empresarios da Pequena e Mediana Empresa de Pontevedra (Aempe).
O principal obxectivo do evento é proporcionar información e orientación académica para facilitar que os estudantes elixan o seu futuro. Para conseguilo, ademáis dos puntos de información, celébranse conferencias, charlas, obradoiros e demostracións.
A Universidade de Vigo ten unha gran representación, contando –alén do stand institucional– con presenza de 18 centros dos tres campus.
No acto de inauguración participou a Conselleira de Educación, Carmen Pomar, os vicerreitores Jorge Soto e Natalia Caparrini; e Ernesto Pedrosa, Presidente do Consello Social da Universidade de Vigo que, como é habitual, colabora coa feira.