Comisión de actividades e servizos

A Comisión acorda axudas, entre outras, para a 3ª Olimpiada de Historia, as “Bolsas Ourense exterior”, Pont Up Store e a posta en marcha de Alumni-UVigo

2021-01-19T11:14:54+00:0021 de Maio de 2020|Comisión de actividades e servizos|

O xoves, día 21 de maio de 2020, ás 12:05 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (18.02.2020).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente.
  3. Acordo que proceda sobre a solicitude de axuda para a organización da III Olimpíada galega de Historia “Fai Historia con nós”, iniciativa virtual no Campus de Ourense.
    Apróbase unha achega.
  4. Acordo que proceda sobre a colaboración solicitada dende a Vicerreitoría do Campus de Ourense para unha nova edición da convocatoria “Bolsas Ourense exterior”.
    Acórdase unha asignación.
  5. Acordo que proceda sobre a colaboración solicitada para o patrocinio do equipo de alumnos UVigo Motorsport na competición interuniversitaria europea “Fórmula Student”.
    Apróbase unha axuda.
  6. Acordo que proceda sobre o patrocinio da proposta de elaboración do “Barómetro de empregabilidade da UVigo: estudantes e empregadores”, para coñecer a valoración, preparación, necesidades e aptitudes dos alumnos. Realización do estudo e edición.
    Acórdanse axudas.
  7. Acordo que proceda sobre a proposta de colaboración coa Vicerreitoría de Captación de alumnado, estudantes e extensión universitaria para poñer en marcha a “Comunidade Alumni-UVigo”, a partir da base de datos do Observatorio de egresados.
    Apróbase unha dotación.
  8. Acordo que proceda sobre a financiación de carpetas-guía de acollida ao alumnado que se incorpore á UVigo no curso 2020/2021, en colaboración coa Vicerreitoría de Comunicación e relacións institucionais. Asignación económica para a produción e o reparto.
    Faise unha achega.
  9. Acordo que proceda sobre a axuda solicitada para a organización en Pontevedra da “Pont Up Store”, prevista para o mes de setembro.
    Acórdase unha axuda.
  10. Rogos e preguntas.
    Non hai.