Colaboracións e patrocinios

A III Olimpíada de Historia, que patrocina o Consello, ten gañador: O equipo do Colexio Calasanz PP. Escolapios da Coruña

2020-09-28T12:38:27+00:001 de Xuño de 2020|Colaboracións e patrocinios, Novas, Responsabilidade social|

Co lema “a pandemia non nos para”, 12 equipos galegos, formados por 48 estudantes de E.S.O. e 12 titores e titoras, competiron o día 29 de maio na III Olimpíada Galega de Historia, organizada pola Facultade de Historia do campus de Ourense. O certame desenvolveuse de xeito virtual debido á pandemia.

O equipo gañador foi o Colexio Calasanz Padres Escolapios da Coruña. Desde a organización destacan que a cita se desenvolveu “case sen incidencias, que se resolveron sen problema, cun bo ambiente de competición e un alto nivel dos estudantes”.

Tres horas de competición

Os 12 centros educativos participantes foron os IES Illa de Ons de Bueu, Santa Irene de Vigo, Lagoa de Antela de Xinzo de Limia,  Monte das Moas da Coruña, A Cachada de Boiro, Ramón Otero Pedrayo de Ourense, Gonzalo Torrente Ballester de Pontevedra e os CPR Santiago Apóstol de Soutomaior, Colexio Alba de Vigo, Maristas Santa María de Ourense, Calasanz Padres Escolapios da Coruña e Divina Pastora Franciscanas de Ourense. A través da plataforma Kahoot, as e os estudantes competiron durante tres horas en diferentes rondas de pregunta-resposta sobre os contidos do currículo da materia de Xeografía e Historia de 4º curso de Educación Secundaria, desenvolvéndose a competición con normalidade. Á final chegaron os equipos Santa Irene de Vigo e Calasanz Padres Escolapios da Coruña, impoñéndose o equipo coruñés. En terceiro lugar quedou o centro Ramón Otero Pedrayo de Ourense e en cuarto posto o Illa de Ons de Bueu.

As e os gañadores, tanto os estudantes como os titores e titoras, recibirán diferentes agasallos grazas ás entidades colaboradoras, que nesta edición foron o Consello Social da Universidade de Vigo, a Xunta de Galicia e o concello e deputación de Ourense, ademais de empresas como Coren, Grupo Cuevas, Editorial Galaxia e Caldaria.

[Imaxe e informacións recollidas do DUVI]