O venres, 19 de xuño de 2020, ás 11:35 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (22.04.2020).
Apróbase por asentimento. - Informe do presidente.
- Informe do Reitor.
- Acordo que proceda sobre a suspensión parcial da Normativa de permanencia no que atinxe ao procedemento de matrícula para o curso 2020/2021. (C.G. 29.04.2020).
Apróbase por asentimento. - Informe que proceda sobre o proxecto de Decreto polo que se fixan os prezos públicos do SUG para o curso académico 2020/2021.
O Pleno informa favorablemente. - Aprobación, se procede, dos prezos públicos aplicables na UVigo para o curso 2020/2021 por matrículas, xestión e gastos administrativos e expedición de títulos en estudos oficiais, titulacións propias, programa de maiores e alumnado visitante.
Apróbase por asentimento. - Informe de actuación derivada da suspensión das actividades de Extensión Universitaria que afectan ao Consello Social: Obradoiros e Cursos e-Destrezas.
O Pleno dáse por informado.
Informes e acordos da Comisión Executiva (sesión do 13 de marzo de 2020)
- Exposición e perspectivas sobre o nivel de transparencia da UVigo.
O Pleno dáse por informado. - Cursos: taxas e memorias finais. Axudas e outros acordos.
O Pleno dáse por informado.
Propostas informadas favorablemente, axudas e patrocinios aprobados pola Comisión de Actividades e Servizos (sesión do 21 de maio de 2020)
- Ratificación, se procede, do patrocinio dun estudo sobre a empregabilidade dos estudantes de último curso de Grao e as demandas do mercado laboral.
Ratifícase o acordo. - Ratificación, se procede, do patrocinio para a posta en marcha da iniciativa Comunidade Alumni-UVigo para comunicación e intercambio cos antigos alumnos titulados.
O Pleno ratifica o acordo. - Ratificación, se procede, da participación na produción e entrega de carpetas-guía e unha axenda aos alumnos da UVigo, en colaboración coa Vicerreitoría de Comunicación.
O Pleno ratifica o acordo. - Outros acordos.
O Pleno dáse por informado. - Aprobación, se procede, da delegación no presidente do Consello Social para a distribución das bolsas-colaboración asignadas polo Ministerio de Educación á UVigo para o curso 2020/2021, da que se dará conta no próximo Pleno.
O Pleno autoriza a delegación - Convenios asinados pola UVigo nos meses de febreiro e marzo.
O Pleno dáse por informado. - Rogos e preguntas.
Interveñen Elena Añel e Manuel G. Piñeiro