O martes, día 23 de xuño de 2020, ás 12:05 h., celebrouse reunión ordinaria da Comisión Económica do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (28.02.2020).
Apróbase por asentimento. - Informe do presidente.
- Conta de liquidación do orzamento da UVigo correspondente ao exercicio 2019. Informe de auditoría e Memorando de recomendacións. Acordo para elevar ao Pleno.
Elévase informe favorable ao Pleno. - Análise e revisión das contas anuais e do informe de auditoría da Fundación Universidade de Vigo (FUVI). Acordo que proceda para elevación ao Pleno.
A Comisión informa favorablemente. - Análise e revisión das contas anuais e do informe de auditoría de Cidade Universitaria (CUSA). Acordo que proceda para elevación ao Pleno.
A Comisión informa favorablemente. - Análise e revisión das contas anuais e do informe de auditoría da Cidade Tecnolóxica de Vigo (CITEXVI). Acordo que proceda para elevación ao Pleno.
A Comisión informa favorablemente. - Aprobación, se procede, das transferencias de crédito precisas para cumprir cos obxectivos do convenio de accións estratéxicas de I+D+i asinado coa Xunta de Galicia para os exercicios 2019 e 2020.
A Comisión aproba as transferencias. - Solicitudes de incorporación con cargo ao remanente de libre disposición do exercicio 2019 correspondente á UVigo.
A Comisión autoriza as operacións. - Corrección na partida asignada ao Mestrado universitario en Neurociencia, recollida no orzamento 2020.
A Comisión dá a súa conformidade. - Recepción e análise do informe de auditoría operativa sobre “Estrutura, funcionamento e xustificación de proxectos internacionais de cooperación e de investigación, con financiamento europeo, noutras universidades españolas”.
A Comisión informa favorablemente. - Ratificación, se procede, da proposta de dedicar o próximo informe de auditoría operativa a avaliar a relación económica entre as EBT e a UVigo.
A Comisión dá a súa aprobación. - Aprobación, se procede, da doazón polo Karolinska Institute (Suecia) á UVigo do equipo Patch Clamp (fixación de membranas).
A Comisión dá a súa aprobación. - Informe sobre os convenios asinados pola UVigo en abril e maio de 2020.
A Comisión dáse por informada. - Cesión de tecnoloxía da Universidade de Vigo á empresa Coinscrap Finance, S.L.
A Comisión informa favorablemente o alleamento da tecnoloxía. - Rogos e preguntas.
Interveñen Jesús Graña, José Mª Martín, Rodrigo Cerviño, Elvira Larriba, Manuel G. Piñeiro e Raquel Mª Souto.
Acta da reunión da Comisión Económica do 23 de xuño de 2020
Documento PDF, 175 KB