O mércores, 30 de setembro de 2020, ás 12:05 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (30.07.2020).
Apróbase por asentimento. - Informe do presidente.
- Informe do reitor.
- Informe que proceda sobre as propostas de modificación/verificación de títulos de Grao, Máster e Doutoramento para o curso 2021/2022 na UVigo.
O Pleno informa favorablemente. - Informe previo que proceda sobre a creación da empresa Unmanned Galicia, S.L., como EBT da UVigo, participación da universidade e contraprestacións aplicables.
Infórmase favorablemente. - Incorporación de remanente de libre disposición.
- Solicitude de incorporación de remanente.
O Pleno autoriza as solicitudes dos puntos 6 e 7.Propostas e acordos da Comisión de Actividades e Servizos (22 de setembro de 2020). - Ratificación, se procede, da proposta de colaboración co programa “eDestrezas”, para fomentar as competencias dixitais entre o estudantado e o persoal da UVigo nos tres Campus.
Ratifícase o acordo da Comisión. - Outros acordos, axudas e iniciativas.
O Pleno dáse por informado. - Convenios asinados pola UVigo nos meses de xullo e agosto de 2020.
O Pleno dáse por informado. - Prezos públicos aplicables ao persoal investigador visitante a partir do curso 2020/2021.
O Pleno aproba os prezos. - Recepción de fondos extraordinarios asociados á situación provocada pola COVID19. Incorporacións de remanente.
O pleno autoriza a solicitude. - Rogos e preguntas.
Interveñen: Natalia Zunzunegui, Manuel G. Piñeiro, Martín Moreno, Xosé Manuel Atanes, Manuel Ramos, Juan Manuel Vieites, Javier Garrido e Manuel Reigosa.
Acta do Pleno do Consello Social do mércores 30 de setembro de 2020
Documento PDF, 181 KB