O xoves, día 25 de febreiro de 2021, ás 12:15 h., celebrouse reunión ordinaria da Comisión Económica do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (17.12.2020).
Apróbase por asentimento. - Informe do presidente.
- Liquidación do orzamento de 2020, consonte Real Decreto-Lei 14/2012. Carta de avance de auditoría.
Infórmase favorablemente. - Corrección de erros do texto do orzamento da UVigo para o exercicio 2021.
A Comisión informa favorablemente. - Aprobación definitiva, se procede, da participación da UVigo no capital social da spin off “Unmanned Galicia, S.L.”, consonte acordo do Consello de Goberno de 27 de xaneiro de 2021.
A Comisión informa a favor da aprobación. - Recepción e avaliación do informe de auditoría operativa “Análise da relación entre as spin-off e a universidade, para buscar ferramentas que melloren a posición das spin off no mercado a medio prazo”.
A Comisión dá a súa conformidade co informe. - Acordo sobre a asignación de retribucións adicionais ao persoal docente e investigador correspondentes ás convocatorias de 2018 e 2019, como complementos por cargos de xestión, polo labor docente e investigador e pola excelencia curricular docente e investigadora, consonte resolución da Comisión galega de informes, avaliación, certificación e acreditación (CGIACA).
A Comisión acorda autorizar a asignación das retribucións. - Descontos especiais nas tarifas dos cursos de idiomas do Centro de Linguas.
A Comisión aproba a proposta. - Control e seguimento da aplicación do Regulamento de xestión do patrimonio da UVigo. Informe que proceda sobre as doazóns menores e correntes.
- Control e seguimento da aplicación da Normativa de xestión de espazos universitarios. Informe que proceda sobre as despensas de pago concedidas pola Xerencia.
A Comisión dáse por informada respecto aos puntos 9 e 10. - Informe sobre os convenios asinados pola UVigo en decembro de 2020 e xaneiro de 2021.
A Comisión dáse por informada. - Incorporación do remanente para satisfacer as obrigas dos expedientes E5-20 e E6-20 e do Proxecto T949.
A Comisión acorda aprobar a incorporación dos remanentes. - Rogos e preguntas.
O secretario dá conta da necesidade de renovación dunha parte dos consellos sociais –ineludible no caso de conselleiros que cumpriron oito anos no posto–, como pode ser o caso de Daniel Barata, a quen agradece a súa valiosa aportación. As persoas presentes amosan de xeito unánime o seu recoñecemento e gratitude a Barata Quintas, quen agradece as manifestacións e, de xeito especial, “a oportunidade de poder convivir con vos este tempo”, que cualificou de “extraordinaria e moi gratificante experiencia”, e expresa a súa disposición permanente ante calquera situación na que se lle precise no futuro.
Acta da reunión da Comisión Económica do 25 de febreiro de 2021
Documento PDF, 175 KB