Comisión de actividades e servizos

Apróbanse diversas achegas e axudas, así como a distribución para o Plan Prácticums do curso 20-21

2021-03-02T17:46:05+00:0019 de Febreiro de 2021|Comisión de actividades e servizos|

O venres, día 19 de febreiro de 2021, ás 12:05 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (18.11.2020).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente.
  3. Acordo que proceda, para elevación ao Pleno, da distribución de axudas previstas na convocatoria aberta de Prácticums para 2021, que promove o Consello Social.
    A Comisión aproba propoñer ao Pleno unha distribución do Plan de Prácticums para o actual curso.
  4. Acordo que proceda, para elevación ao Pleno, da proposta de actividades do Observatorio de persoas tituladas para o ano 2021.
    A Comisión propón unha achega.
  5. Acordo que proceda, e elevación ao Pleno, sobre a elaboración dun Barómetro da UVigo dende a perspectiva dos empregadores, analizar as expectativas, os comportamentos sobre contratación e as competencias que buscan nos candidatos.
    Acórdase propor ao Pleno axudas para a elaboración, recollida de datos e edición de 50 exemplares.
  6. Acordo que proceda sobre a colaboración do Consello Social coa Vicerreitoría do Campus de Pontevedra, para desenvolver iniciativas culturais, de innovación, ambientais e de achegamento dos investigadores ás empresas.
    Apróbase elevar ao Pleno unha proposta de axuda.
  7. Aprobación, se procede, da colaboración solicitada para a organización da terceira edición do Foro de Emprego, na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.
    Apróbase unha achega.
  8. Aprobación, se procede, da axuda solicitada polo equipo de investigación Ephyslab da UVigo, para a realización dun vídeo que será proxectado en foros científicos de gran audiencia e servirá para práctica de laboratorio a nivel de secundaria e de universidade.
    Apróbase unha axuda.
  9. Proposta de renovación do servizo de mantemento e actualización dos contidos textuais e gráficos da web corporativa do Consello Social.
    Apróbase unha asignación.
  10. Acordo que proceda sobre a sétima axuda solicitada para organizar o Foro Tecnolóxico de emprego dirixido ás tres escolas de enxeñaría con sede en Vigo e ás dúas de Ourense.
    Desestímase conceder a axuda.
  11. Acordo que proceda sobre a petición da Unidade de Captación de alumnos para presentar a exposición “Eu son UVigo!”, nos institutos de Galicia.
    Apróbase unha achega.
  12. Rogos e preguntas.
    Non houbo.