O curso pasado, a causa da COVID19, a Escola de Enxeñería Industrial non celebrou o seu patrón, San Xosé. Este ano, para evitalo, o alumnado deseñou un programa de actividades entre o 11 e o 18 de marzo: torneos de tenis, xadrez e League of Legends, obradoiros, charlas, unha sesión DJ virtual, reparto de froita e o regreso dos Premios Laranxa ao mérito docente. Sempre baixo as precaucións sanitarias ás que obriga o virus.
O Consello Social apoiou a un conxunto de 24 estudantes da Delegación de Alumnos da Escola de Enxeñaría Industrial que practicando o voluntariado nos propoñen unha Re-Evolución Industrial que evite que “a covid-19 paralice o noso patrón”, e como “a alegría das persoas está baixo mínimos”, queren “dar un xiro de 180º a esta situación, para que a comunidade universitaria desconecte por uns intres do que estamos a vivir”. Ademais, consideran que este é un momento idóneo para “reorientar a nosa festa e reconvertela no que realmente é: uns días de celebración nos que facer comunidade, ver en perspectiva o que somos e desfrutar xuntos dun xeito sostible”.
“Decidimos que había que buscar a forma de recoñecer o mérito dos docentes que traballaron como nunca antes para poder sacar o curso adiante” e para iso, esta edición, recupera os Premios Laranxa ao mérito docente: nomearanse 20 PDI e 3 PAS e o alumnado co seu voto os que decidirá os cinco PDI e un PAS que recibirán o premio en seis categorías.
Na web que a Delegación do alumnado de Industriais preparou, pódese ver a axenda completa de actividades: