Apróbase o procedemento para a modificación de diferentes títulos, a participación da UVigo no Cluster Biomasa Galicia, diversas propostas das Comisións Económica e CAS e apóiase a Memoria RS da Universidade

2021-04-12T11:08:37+00:0024 de Marzo de 2021|Pleno|

O mércores, 24 de marzo de 2021, ás 12:10 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (23.12.2020).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente.
  3. Informe do Reitor.
  4. Memoria anual de Responsabilidade Social da UVigo. (Consello de Goberno do 1 de febreiro de 2021). Comparecen a vicerreitora de Responsabilidade Social, Igualdade e Cooperación, e o coordinador da Unidade de Análises e Programas da UVigo.
    O Pleno amosa o seu apoio á Memoria.
  5. Calendario e procedemento para a aprobación de verificación e modificación de títulos de Grao, Máster e Doutoramento para o curso 2022/2023. (Consello de Goberno do 01.02.2021).
    O Pleno dáse por informado.
  6. Aprobación, se procede, da participación da UVigo na Asociación Cluster Biomasa Galicia. (Consello de Goberno do 12.03.2021).
    O Pleno dá a súa aprobación.

Propostas con informe favorable, informes e acordos da Comisión Económica (sesión do 25 de febreiro de 2021).

  1. Liquidación do orzamento provisional da UVigo correspondente a 2020, consonte Real Decreto-Lei 14/2012. Carta de avance de auditoría.
    O Pleno informa favorablemente.
  2. Corrección de erros do texto do orzamento da UVigo para o exercicio 2021.
    O Pleno ratifica o informe favorable da Comisión.
  3. Incorporación de remanentes para satisfacer obrigas.
    O Pleno dá a súa aprobación.
  4. Aprobación definitiva da creación e a participación da UVigo no capital social da empresa “Unmanned Galicia, S.L.”. (Consello de Goberno do 27 de xaneiro de 2021).
    O Pleno dá a súa aprobación.
  5. Asignación de retribucións a profesores como complementos correspondentes ás convocatorias de 2018 e 2019, consonte resolución da Comisión galega de informes, avaliación, certificación e acreditación (CGIACA).
    O Pleno aproba as asignacións propostas.
  6. Descontos especiais nas tarifas dos cursos de idiomas do Centro de Linguas, para os membros da Comunidade Alumni UVigo.
    O Pleno dá a súa conformidade.
  7. Outros acordos. Avaliación dunha nova auditoría operativa. Control de aplicación das normas sobre o patrimonio da UVigo e sobre a cesión de espazos universitarios.
    O Pleno tense por informado.

Propostas con informe favorable e acordos da Comisión de Actividades e Servizos (sesión do 19 de febreiro de 2021).

    1. Aprobación, se procede, da distribución de axudas da convocatoria de Prácticums 2021.
    2. Aprobación, se procede, do apoio ao Observatorio de persoas tituladas da UVigo, en 2021.
    3. Aprobación, se procede, da elaboración do Barómetro para analizar as expectativas, comportamentos e competencias que buscan os empregadores para contratar.
    4. Aprobación, se procede, do plan de colaboración do Consello Social co Campus de Pontevedra.
      O Pleno dá a súa aprobación aos acordos favorables da Comisión (Puntos 14, 15, 16 e 17).
  1. Outros acordos.
    O Pleno dáse por informado.
  2. Convenios asinados pola UVigo en decembro de 2020 e xaneiro de 2021 (Comisión Económica do 25.02.2021), e en febreiro de 2021.
    O Pleno tense por informado.
  3. Rogos e preguntas.
    Interveñen: Juan José Santamaría, Emilio Zunzunegui, Juan Manuel Vieites e Manuel Reigosa.