Saltar ao contido

Palabras de Ernesto Pedrosa na presentación da exposición Eu son UVigo!

Discursos do presidente

Hai dúas situacións nas que os Consellos Sociais das universidades debemos estar presentes. Presentes e atentos. Cos estudantes que chegan á universidade, e cos estudantes que terminan a súa formación na universidade. En ambos os casos tentamos intervir como facilitadores do seu seguinte paso, como acompañantes activos ou como factores de acomodación á súa nova situación.
E nesa militancia puxemos en marcha varias iniciativas e avanzamos por varios camiños. Sós, ou da man, como é este caso, da vicerreitora Natalia Caparrini e do seu permanente e entusiasta predisposición a sumarlle valor á UVigo.

Así que confeso que me satisfai enormemente poder participar neste acto. Agradezo a invitación a poder ser testemuña da estrea desta iniciativa, que congrega unha suma infinita de posibilidades, afectos e complicidades entre ámbitos educativos con afáns compartidos.
Entendo que non é casual que para a primeira exposición elixiuse este magnífico instituto, ao que o equipo que forman María Rocío Sio, Isabel López e Mª Luisa Soidade López, entre outros, conduciron nun centro dinámico, creativo, solidario e aberto.

Alégrame que a universidade saia do Campus para chegar a San Tomé de Freixeiro. Son dúas ancoraxes que garanten e nos aprenden  como a educación e a formación son quen de se entenderse, compartir e sumar.

Para os tempos que corren, o mellor exemplo posible, e que lles agradezo.

Vigo, 21 de maio de 2021.

 

Ernesto Pedrosa

Universidade de Vigo