Comisión económica

Apróbanse diferentes informes, análises, revisión de contas e propostas de convenio, así como os prezos públicos por servizos de titulación, Programa de Maiores e alumnado visitante

2021-07-12T11:27:23+00:0023 de Xuño de 2021|Comisión económica|

O mércores, día 23 de xuño de 2021, ás 12:10 h., celebrouse reunión ordinaria da Comisión Económica do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (25.02.2021).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente.
  3. Conta de liquidación do orzamento da UVigo correspondente ao exercicio 2020. Informe de auditoría e Memorando de recomendacións. Acordo para elevar ao Pleno.
    A Comisión acorda informar favorablemente ao Pleno.
  4. Análise e revisión das contas anuais e do informe de auditoría da Fundación Universidade de Vigo (FUVI). Acordo que proceda para elevación ao Pleno.
  5. Análise e revisión das contas anuais e do informe de auditoría de Cidade Universitaria (CUSA). Acordo que proceda para elevación ao Pleno.
  6. Análise e revisión das contas anuais e do informe de auditoría de Cidade Tecnolóxica de Vigo (CITEXVI). Acordo que proceda para elevación ao Pleno.
    Puntos 4, 5 e 6: A Comisión informa favorablemente.
  7. Acordo que proceda sobre a proposta de convenio de colaboración coa Fundación Universidade de Vigo para o exercicio 2021, dirixido a orientar e facilitar o achegamento dos estudantes ao mercado laboral e á empregabilidade.
    A Comisión informa favorablemente.
  8. Solicitudes de incorporación con cargo ao remanente de libre disposición do exercicio 2020.
    A Comisión informa favorablemente.
  9. Aprobación, se procede, dos prezos públicos previstos na UVigo por servizos académicos e servizos administrativos para titulacións, Programa de Maiores e alumnado visitante, para o curso 2021/2022.
    Infórmase favorablemente.
  10. Recepción e análise do informe de auditoría operativa sobre “Aportación do Consorcio interuniversitario do SUG (CISUG) á centralización de compras e servizos común ás tres universidades (limpeza, seguridade, material de oficina, enerxía, software….) e cuantificación do posible aforro de custos”.
    A Comisión dáse por informada.
  11. Informe sobre a aplicación e aproveitamento das recomendacións da auditoría operativa sobre “Análise da relación entre as spin off e a UVigo, para buscar ferramentas que melloren a medio prazo a posición das spin off no mercado”.
    A Comisión agarda á seguinte reunión.
  12. Acordo que proceda para a contratación da realización dun informe de auditoría externa e memorando de recomendacións das contas de UVigo (exercicio 2021 e seguintes). Valoración do prego de prescricións e de posibles novas prestacións ou melloras.
    A Comisión informa favorablemente.
  13. Informe sobre os trece convenios con dotación económica asinados pola UVigo, correspondentes ao mes de maio
    A Comisión dáse por informada.
  14. Rogos e preguntas.
    Non hai.