O Observatorio de Persoas Tituladas da Universidade de Vigo, coa colaboración do Consello Social, comeza os traballos sobre a “fatiga pandemica” e a pandemia, e o seu impacto laboral no ano 2021. Desta volta, o período analizado comprende desde o 1 de xaneiro ao 1 de setembro de 2021, “meses nos que se sucederon a terceira, cuarta e quinta ondas e que tamén estivo marcado polo avance do proceso de vacinación contra a covid-19, co fito de termos alcanzado a inmunidade de grupo a finais de agosto”, subliñan desde o Observatorio. Agora estúdase “como as condicións creadas pola pandemia (confinamentos, contaxios, restricións…) influíron no estado de ánimo das persoas, contribuíndo a aumentar as situacións de ansiedade, estrés…”, explica Víctor Manuel Martínez Cacharrón.
Neste novo traballo, ademais das habituais cuestións sobre taxa de ocupación, desemprego, carga de traballo, ERTEs, impacto nos ingresos, implantación do teletraballo… a enquisa aborda un “aspecto sensible que forma parte dos intanxibles da situación creada pola pandemia”, en referencia a que se inclúen preguntas sobre a influencia da pandemia no estado de ánimo.
Se pertences ao grupo estudado, podes participar na enquisa facendo clic nesta ligazón:
ENQUISA DE IMPACTO LABORAL DA PANDEMIA DE COVID-19 ENTRE XANEIRO E SETEMBRO DE 2021
Antes de cubrir o cuestionario, para coñeceres o tipo de preguntas e o valor das mesmas, podes ver este breve vídeo-guía: