O xoves, día 3 de marzo de 2022, ás 12:45 h., celebrouse reunión ordinaria da Comisión Económica do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (20.12.2021).
Apróbase por asentimento. - Informe do presidente.
- Informe do vicerreitor de Ordenación Académica e Profesorado sobre as medidas previstas para afrontar a previsión de xubilacións e o rexuvenecemento do persoal da Universidade de Vigo. Impacto económico.
A Comisión dáse por informada. - Liquidación do orzamento da Universidade de Vigo correspondente a 2021, consonte Real- Decreto Lei 14/2012.
Infórmase favorablemente. - Control e seguimento da aplicación do Regulamento de xestión do patrimonio da Uvigo. Informe que proceda sobre as doazóns menores e correntes.
- Control e seguimento da aplicación da Normativa de xestión de espazos universitarios. Informe que proceda sobre as despensas de pago concedidas pola Xerencia.
Respecto os puntos 5 e 6, a Comisión dáse por informada. - Informe de seguimento, aplicación e aproveitamento das recomendacións da auditoría operativa sobre “Análise da relación entre as spin-off e a UVigo, para buscar ferramentas que melloren a medio prazo a posición das spin-off no mercado”.
A Comisión dáse por informada. - Aprobación, se procede, dos prezos dos complexos residenciais da Universidade de Vigo para o curso 2022/2023, consonte acordo do Consello de Goberno.
A Comisión informa favorablemente. - Informe sobre os convenios asinados pola UVigo en xaneiro de 2022.
A Comisión dáse por informada. - Rogos e preguntas.
Non hai.
Acordos da Comisión Económica do 03-03-2021
Documento PDF, 166 KB