O martes, día 26 de abril de 2022, ás 12:05 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (22.02.2022).
Apróbase por asentimento. - Informe do presidente. Asuntos pendentes.
- Acordo que proceda sobre a solicitude de apoio para a organización da I Feira internacional EMPREGO in CAMPUS da UVigo, en colaboración coa Vicerreitoria de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria.
A Comisión aproba unha achega. - Acordo que proceda sobre a participación do Consello Social na produción e distribución de material de acollida do alumnado da Universidade de Vigo no curso 2022/23, en colaboración coa Vicerreitoría de Comunicación e Relación Institucionais.
A Comisión propón unha achega, pendente da supervisión de contidos, orzamentos e plano de distribución. - Acordo que proceda sobre a solicitude de colaboración para achegar ao estudantado da Universidade de Vigo as habilidades de debate e oratoria, cara á organización en Vigo, e en alianza coa Liga española, do primeiro torneo de Debate universitario.
Apróbase conceder a colaboración. - Acordo que proceda sobre a petición de apoio para as xornadas internacionais “Xustiza e xénero”, previstas no Campus de Ourense.
A Comisión aproba unha achega. - Acordo que proceda sobre a proposta de apoio para a edición e publicación do traballo “Ciudades educadoras”, da pedagoga e doutora Laura López Atrio.
Apróbase unha achega e solicítase a entrega de 50 exemplares para o Consello Social. - Acordo que proceda sobre a colaboración solicitada pola asociación estudantil intercentros UVigo SpaceLab, para o proxecto de deseño, fabricación, posta en órbita e operación de pequenos satélites.
A Comisión aproba unha achega. - Aprobación, se procede, da axuda precisa para a difusión telemática de contido sobre a inserción dos titulados da Universidade de Vigo, dende o Observatorio de Persoas Tituladas.
Apróbase unha achega. - Aprobación, se procede, da delegación no presidente do Consello Social da distribución previa das bolsas-colaboración para o curso 2022/2023, debendo dar conta da resolución na primeira reunión da comisión ou do pleno que se convoque.
A comisión dá a súa aprobación. - Rogos e preguntas.
A instancia de Mª Teresa Cendón ábrense sendas roldas de opinións sobre as posibilidades de que a UVigo poida contar cunha Facultade de Medicina, e sobre as posibilidades de evitar que marche de Vigo o Instituto Oceanográfico.
Acordos da reunión do 26-04-2022
Documento PDF, 166 KB