Comisión económica

Apróbanse as contas de 2021 da UVigo, CUSA, FUVI e CITEXVI, así como os prezos públicos das titulacións oficiais e do alumnado visitante

2022-07-07T10:53:47+00:0027 de Xuño de 2022|Comisión económica|

O luns, día 27 de xuño de 2022, ás 10:30 h., celebrouse reunión ordinaria da Comisión Económica do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (03.03.2022).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente.
  3. Aprobación, se procede, das contas anuais do exercicio 2021 da Universidade de Vigo. Informe de auditoría e Memorando de recomendacións. Acordo para elevación ao Pleno.
    Acórdase propor ao Pleno a aprobación.
  4. Análise e valoración das contas anuais de 2021 e do informe de auditoría da Fundación Universidade de Vigo (FUVI). Acordo para elevación ao Pleno.
    Acórdase emitir informe favorable ao Pleno.
  5. Análise e valoración das contas anuais de 2021 e do informe de auditoría de Cidade Universitaria (CUSA). Acordo para elevación ao Pleno.
    Acórdase emitir informe favorable ao Pleno.
  6. Análise e valoración das contas anuais de 2021 e do informe de auditoría da Cidade Tecnolóxica de Vigo (CITEXVI). Acordo para elevación ao Pleno.
    Acórdase emitir informe favorable ao Pleno.
  7. Informe de seguimento, aplicación e aproveitamento das recomendacións da auditoría operativa sobre “Aportación do Consorcio interuniversitario do SUG a compras e servizos comúns das tres universidades”. (Recibida en Pleno do 29 de xullo de 2021).
    A Comisión dáse por informada.
  8. Modificación das normas de execución do orzamento 2022 (artigo 11. Transferencias de crédito). Aprobación, se procede.
    Acórdase elevar este punto ao Pleno sen informar.
  9. Aprobación, se procede, da cesión temporal de equipos de Omron á Universidade de Vigo.
    A Comisión informa favorablemente.
  10. Aprobación inicial, se procede, da creación e participación da UVigo no capital social da empresa SPARC, S.L., promovida por persoal investigador da propia institución.
    Infórmase favorablemente.
  11. Acordo que proceda sobre a proposta de convenio de colaboración coa Fundación Universidade de Vigo para o exercicio 2022, orientado a facilitar o achegamento do estudantado ao mercado laboral e á empregabilidade.
    A Comisión informa favorablemente.
  12. Informe que proceda sobre a presentación de solicitudes do Centro de Investigación Mariña (CIM), do Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) e do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Comunicación (AtlanTTic), consonte a normativa reguladora de aprobación de centros e institutos de investigación do SUG. (Consello de Goberno 9 de xuño de 2022).
    A Comisión informa favorablemente.
  13. Aprobación, se procede, dos prezos públicos para o curso 2022/2023, por servizos administrativos e académicos que afectan a titulacións oficiais e ao alumnado visitante.
    A Comisión aproba as propostas.
  14. Aprobación, se procede, dos prezos públicos dos Obradoiros que se desenvolverán no curso 2022/2023 nos tres campus da UVigo.
    A Comisión aproba as propostas.
  15. Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo nos meses de abril e maio de 2022.
    A Comisión dáse por informada.
  16. Rogos e preguntas.
    Intervén Emilio Zunzunegui.