Colaboracións e patrocinios

O Consello Social dá a benvida ao novo estudantado coas axendas do curso 22/23

2022-09-14T11:22:25+00:0014 de Setembro de 2022|Colaboracións e patrocinios, Novas|

Co obxectivo de dar a benvida aos novos alumnos e alumnas á Universidade de Vigo, cada campus celebrouse unha xornada de acollida no que o novo estudantado puido coñecer de primeira man os servizos e instalacións que teñen á súa disposición na UVigo. O luns cinco de setembro o acto desenvolveuse en Pontevedra e os seguintes días, martes 6 e mércores 7, en Ourense e Vigo respectivamente.

O Consello Social patrocina a axenda que se entrega a cada estudante. Abaixo podemos ver unha serie de fotos dos actos nos que o novo alumnado recolle o seu exemplar:

Abaixo podes ver as reportaxes en vídeo que UVigoTV preparou cos tres eventos: