Comisión económica

A Comisión liquida o orzamento da UVigo de 2022, incorpora os remanentes a 2023 e aproba diversos acordos, compras e contratacións

2023-03-07T18:28:33+00:0027 de Febreiro de 2023|Comisión económica|

O luns, día 27 de febreiro de 2023, ás 12:05 h., celebrouse reunión ordinaria da Comisión Económica do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (21.12.2022).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente.
  3. Liquidación do orzamento da Universidade de Vigo correspondente ao exercicio 2022, consonte Real Decreto-Lei 14/2012. Carta de avance de auditoría.
    Apróbase a liquidación do orzamento da UVigo correspondente a 2022 con remanente de Tesourería positivo, consonte aos termos expresados na Carta de avance de auditoría.
  4. Aprobación, se procede, da incorporación de remanente de libre disposición ao exercicio de 2023.
    A Comisión aproba a incorporación.
  5. Aprobación, se procede, do incremento da participación accionarial da Universidade de Vigo no Círculo de Empresarios de Galicia.
    A Comisión aproba a compra.
  6. Control e seguimento da aplicación do Regulamento de Xestión do patrimonio da Universidade de Vigo. Informe que proceda sobre as doazóns menores e correntes.
    A Comisión dáse por informada.
  7. Control e seguimento da aplicación da Normativa de Xestión de espazos universitarios. Informe que procede sobre as expensas de pago concedidas pola Xerencia.
    A Comisión dáse por informada.
  8. Elección que proceda dun novo ámbito universitario para a realización dun informe de auditoría operativa de procedementos e sistemas.
    Acórdase encargar neste exercicio unha auditoría operativa sobre “Procedementos aplicados na xestión dos activos patrimoniais da UVigo, concretamente sobre os elementos do inmobilizado material”.
  9. Asignación de complementos retributivos a profesorado da Universidade de Vigo, por excelencia curricular docente e investigadora correspondente á convocatoria de 2021, consonte as valoracións da ACSUG de 18 de novembro de 2022.
    Apróbase a asignación.
  10. Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo en decembro de 2022 e xaneiro 2023.
    A Comisión dáse por informada.
  11. Rogos e preguntas.
    Prodúcese un intercambio de opinión sobre as tarifas que aproba o Consello Social polos servizos que presta a universidade.