Comisión económica

Apróbase a revisión das tarifas dos centros de apoio á investigación e a incorporación de remanentes á subvención do INEGA e á partida de I+D+i do Plan do SUG

2023-05-22T10:10:21+00:008 de Maio de 2023|Comisión económica|

O luns, día 8 de maio de 2023, ás 10:40 h., celebrouse reunión ordinaria da Comisión Económica do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (27.02.2023).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente.
  3. Incorporación de remanente para sufragar gastos financiables con cargo á partida de I+D+i do plan de financiamento do Sistema Universitario Galego 2024/2026.
    Apróbase por asentimento.
  4. Rectificación da partida correspondente á subvención concedida por INEGA para os proxectos de eficiencia enerxética. Incorporación de dous novos remanentes. Acordos que procedan.
    A comisión dá a súa aprobación.
  5. Aprobación, se procede, da revisión de tarifas dos Centros de apoio á investigación.
    Apróbase por asentimento.
  6. Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo en marzo de 2023.
    A comisión dáse por informada.
  7. Rogos e preguntas.
    Interveñen Rosa S. Gándara e mais o presidente.