Comisión económica

Informe favorable das contas anuais da UVigo, FUVI, CUSA e CITEXVI, do Decreto dos prezos dos servizos administrativos e académicos do SUG e da modificación dos pagos máximos por coordinación de títulos propios, así como os prezos dos cursos de Extensión Universitaria e Campus Camp 2023

2023-07-03T09:48:51+00:0022 de Xuño de 2023|Comisión económica|

O xoves, día 22 de xuño de 2023, ás 10:30 h., celebrouse reunión ordinaria da Comisión Económica do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da ordedo día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (08.05.2023).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente.
  3. Aprobación, se procede, das contas anuais da Universidade de Vigo no exercicio 2022. Informe de auditoría e Memorando de recomendacións.
    Acórdase elevar informe favorable consonte ao expresado no informe de auditoría.
  4. Análise e valoración das contas anuais de 2022 e do informe de auditoría da Fundación Universidade de Vigo (FUVI).
    Infórmase favorable consonte ao expresado no informe de auditoría.
  5. Análise e valoración das contas anuais de 2022 e do informe de auditoría de Cidade Universitaria, S.A. (CUSA).
    Infórmase favorable consonte ao expresado no informe de auditoría.
  6. Análise e valoración das contas anuais de 2022 e do informe de auditoría da Cidade Tecnolóxica da Universidade de Vigo (CITEXVI).
    Infórmase favorable consonte ao expresado no informe de auditoría.
  7. Aprobación, se procede, da aceptación da doazón de material da empresa Centum Research & Technology, S.L., á Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo. (Consello de Goberno do 20 de xuño de 2023).
    Apróbase para elevación ao Pleno.
  8. Aprobación, se procede, da aceptación da doazón de material da empresa Lonza Biologics Porriño, S.L., para o centro de investigación CINBIO. (Consello de Goberno do 20 de xuño de 2023).
    Apróbase para elevación ao Pleno.
  9. Informe que proceda sobre o Decreto que fixa os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos no SUG para o curso 2023/2024.
    Infórmase favorable.
  10. Informe que proceda sobre a modificación de pagos máximos por coordinación para todos os títulos propios.
    Infórmase favorable.
  11. Aprobación, se procede, dos prezos para cursos de Extensión Universitaria 2023 a desenvolver nos campus de Vigo, Ourense e Pontevedra.
    Apróbanse os prezos.
  12. Aprobación, se procede, dos prezos do Campus Camp 2023.
    Apróbase por asentimento.
  13. Incorporación de remanente para a realización do programa de investigación co Centro Ramón Piñeiro.
    Apróbase por asentimento.
  14. Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo en maio de 2023.
    A Comisión dáse por informada.
  15. Rogos e preguntas.
    Non hai.
Acordos CEC 22-06-2023 Documento PDF, 174 KB