O mércores, 7 de xuño de 2023, ás 11:30 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (31.03.2023).
Apróbase por asentimento. - Informe do presidente.
- Informe do reitor.
- Aproximación ás causas de abandono de estudos na Universidade de Vigo. Enquisas e comparativas. Comparecencia do director da Área de Calidade.
Asuntos remitidos polo Consello de Goberno do 28 de abril de 2023.
- Proposta de transformación da Escola Aberta de Formación Permanente da Universidade de Vigo en Centro de Posgrao e de Formación Permanente (CPFP). Informe que proceda.
Infórmase favorablemente. - Informe sobre a proposta de creación da Facultade de Enfermaría da Universidade de Vigo.
Infórmase favorablemente. - Aprobación, se procede, da modificación da Normativa de Permanencia e progreso nas titulacións oficiais de Grao e Máster da Universidade de Vigo.
Apróbase por asentimento. - Informe que proceda sobre a creación do Instituto Universitario de Investigación Xustiza e Xénero.
Infórmase favorablemente. - Informe que proceda sobre a suspensión da actividade do Instituto de Electrónica Aplicada. (Consello de Goberno do 30 de marzo de 2023).
Infórmase favorablemente. - Aprobación inicial, se procede, da creación e participación da Universidade de Vigo na SpinOff Prismatrix, e contraprestacións aplicables, de ser o caso.
Apróbase por asentimento. - Aprobación, se procede, da asignación de bolsas-colaboración aos departamentos solicitantes da Universidade de Vigo, concedidas polo Ministerio de Educación para o curso 2023/2024.
O Pleno dá a súa aprobación.
Propostas e acordos da Comisión Económica (reunión do 8 de maio de 2023).
Ernesto Pedrosa informa das propostas e acordos da Comisión dando lectura ao resumo do que dispoñen os membros, e que recolle na súa totalidade os asuntos tratados.
- Incorporación de remanente para sufragar gastos financiables con cargo á partida de I+D+i do Plan de financiamento do SUG 2024/2026.
- Rectificación da partida correspondente á subvención concedida polo INEGA para proxectos de eficiencia enerxética. Incorporación de dous novos remanentes para proxectos aprobados polo INEGA.
- Aprobación da revisión de tarifas dos Centro de apoio á investigación.
Apróbanse os tres puntos anteriores por asentimento.
Propostas e acordos da Comisión de Actividades e Servizos. (reunión do 18 de maio de 2023).
- Aprobación, se procede, da participación do Consello Social na produción e distribución de material de acollida ao alumnado da UVigo no curso 2023/2024, en colaboración coa Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais.
Apróbase unha achega. - Acordo que proceda sobre a proposta de elaboración dun estudo para avanzar no acompañamento e acollida ao estudantado estranxeiro na UVigo.
Apróbase unha achega. - Acordo que proceda sobre o financiamento do estudo sobre inserción laboral das persoas tituladas en estudos oficiais de Grao e Mestrado da Universidade de Vigo no curso académico 2020/2021.
Apróbase unha achega. - Outros asuntos. Axudas e patrocinios.
O Pleno dáse por informado. - Acordo que proceda sobre a solicitude da Vicerreitoria de Estudantado e Empregabilidade para organizar o “ II Encontro da Comunidade Alumni-UVigo” e os premios conmemorativos.
O Pleno dá a súa aprobación. - Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo en marzo (CEC 08.05.2023) e abril de 2023.
O Pleno dáse por informado. - Rogos e preguntas.
Interveñen: Xosé Manuel Atanes, Emilio Zunzunegui, o reitor, Elena Añel, Antonio Macho, María Teresa Cendón e César Enrique Martínez.