O martes, día 26 de setembro de 2023, ás 12:00 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (27.07.2023).
Apróbase por asentimento. - Informe do presidente.
- Acordo que proceda sobre a colaboración solicitada pola Asociación de Estudantes de Enxeñaría que promoven a iniciativa UVigo SpaceLab para o deseño, fabricación e operación dunha misión espacial real.
Concédese unha axuda. - Acordo que proceda sobre a petición de apoio á XII edición de EDUGAL 2023, salón orientado a asesorar ao estudantado sobre a oferta de opcións educativas e facilitar a transición dende os institutos á universidade.
Apróbase unha achega. - Acordo que proceda sobre a solicitude de apoio á “Noite europea das persoas investigadoras (G-Nigth)”, a petición da Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais.
Apoiase cunha axuda. - Acordo que proceda sobre o apoio solicitado dende a Vicerreitoría de Extensión Universitaria, para a “Semana de cine submarino” que organiza a Universidade de Vigo.
Apróbase unha achega. - Acordo que proceda sobre a proposta remitida polo autor, para financiar a edición dun libro titulado “Veinticinco años entre amigos de la U niversidad de Vigo”.
Apróbase de xeito provisional á espera da súa reformulación. - Aprobación, se procede, da concesión dunha aportación para a presentación en Galicia do libro “Pasión por la educación” , do profesor Francisco Michavila.
Apróbase unha axuda para a presentación. - Aprobación, se procede, da delegación no presidente para a asignación definitiva das Bolsas-colaboración para o curso 2023/2024, debendo dar conta da resolución na primeira reunión do Pleno que se convoque.
Apróbase por asentimento. - Rogos e preguntas.
Intervén o presidente do Consello Ernesto Pedrosa.
Acta da Comisión de Actividades e Servizos do 26-09-2023
Documento PDF, 177 KB