O luns, 13 de novembro de 2023, ás 12:00 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (30.06.2023).
Apróbase por asentimento. - Informe do presidente.
- Informe do reitor.
- Informe anual sobre a posición da UVigo nos rankings de Transparencia e sobre a evolución da Memoria de responsabilidade social universitaria. Presentación dos últimos datos polo responsable da Unidade de Análises e Programas, David Basalo.
Propostas e acordos da Comisión Executiva (reunión do 17.10.2023)
- Informe que proceda sobre o calendario e procedemento para aprobación de verificación e modificación de titulacións de Grao, Máster e Doutoramento para o curso 2025/2026. (Consello de Goberno do 25.09.2023).
O Pleno dáse por informado. - Informe que proceda sobre a extinción do título de Máster en Dirección e Administración de Empresas (MBA). (Consello de Goberno do 25.09.2023).
Apróbase por asentimento. - Aprobación, se procede, da modificación de denominación da Spinoff “Prismatrix”. (Consello de Goberno do 25.09.2023).
Apróbase por asentimento. - Ratificación, se procede, da proposta de reasignación definitiva das Bolsas-colaboración asignadas á UVigo para o curso 2023/2024.
Apróbase a distribución, por asentimento. - Ratificación, se procede, da asignación de complementos de recoñecemento polos cargos de xestión, consonte avaliación da ACSUG (Convocatoria 2022).
Acórdase a asignación. - Designación de representantes do Consello Social noutros órganos externos.
O Pleno dá a súa conformidade. - Proposta de designación de membros para a cobertura de vacantes na Executiva e na Comisión Económica do Consello Social.
O Pleno dá a súa conformidade. - Aprobación, se procede, da edición e difusión da Memoria do Consello Social correspondente a 2022.
Apróbase por asentimento. - Estudo de propostas de adaptación á LOSU de competencias e atribucións do Consello Social.
O Pleno dáse por informado. - Outros asuntos. Cursos propios. Patrocinios. Informes. Convenios.
O Pleno dáse por informado.
Propostas e acordos da Comisión de Actividades e Servizos (reunión do 27.07.2023)
- Convenio de colaboración co campus de Pontevedra para desenvolvemento de actividades de impulso e fomento do campus CREA.
Apróbase por asentimento. - Outros asuntos. Axudas e patrocinios. Bolsas Ourense rural.
O Pleno dáse por informado.
Acordos da Comisión de actividades e servizos (reunión do 26.09.2023)
17. Acordos. Asuntos tratados.
O Pleno dáse por informado.
- Aprobación, se procede, da asignación de complementos de recoñecemento polos cargos de xestión, pola labor docente e investigadora e pola excelencia curricular docente e investigadora, consonte avaliación da ACSUG (convocatoria 2022).
Acórdase a asignación. - Aprobación, se procede, da convocatoria de Prácticums para o ano 2024, e da dotación económica correspondente.
Apróbase por asentimento. - Aprobación, se procede, da dotación correspondente para a introdución de datos, e a actualización da base integrada das promocións recentes de egresados da UVigo.
Apróbase por asentimento. - Rogos e preguntas.
Interveñen: Amando Ojea, Elena Añel, Manuel Reigosa, Juan Santamaría, Xosé Manuel Atanes e Carlos Molinedo.