Infórmase favorablemente do teito de gasto da UVigo para 2024 e das ofertas de emprego PDI e PTXAS 2023; apróbanse tamén os orzamentos 2024 da UVigo e do Consello Social, así como os prezos dos servizos deportivos

2024-04-08T17:19:17+00:0028 de Decembro de 2023|Pleno|

O xoves, 28 de decembro de 2023, ás 12:15 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (13.11.2023).
    Apróbase por asentimento
  2. Informe do presidente.
  3. Informe do reitor.
  4. Informe que proceda para a tramitación da modificación do título de Máster Universitario en Biofabricación (Consello de Goberno do 26 de decembro de 2023).
    O Pleno informa favorablemente

Propostas, acordos e informes da Comisión Económica (reunión do 21 de decembro de 2023)

  1. Informe favorable para ratificación, se procede, sobre o teito de gasto da UVigo para o exercicio orzamentario de 2024.
    Apróbase por asentimento
  2. Aprobación, se procede, da proposta de orzamento da UVigo para o exercicio 2024.
    Apróbase o orzamento
  3. Orzamento do Consello Social para o exercicio de 2024.
    Apróbase por asentimento
  4. Informe favorable, para ratificación, se procede, sobre a Oferta de Emprego Público para PDI da UVigo para o ano 2023.
    Infórmase favorablemente
  5. Informe favorable, para ratificación, se procede, sobre a Oferta de Emprego Público para PTXAS da UVigo para o ano 2023.
    Infórmase favorablemente
  6. Recepción, análise e valoración das conclusións da auditoría operativa sobre “Procedementos aplicados na xestión dos activos patrimoniais da UVigo, concretamente sobre os elementos do inmobilizado material”.
    O Pleno dáse por informado
  7. Aprobación, se procede, da modificación do capital social de Cidade Universitaria (CUSA) para restablecer o equilibrio patrimonial da sociedade.
    Apróbase por asentimento
  8. Aprobación, se procede, da modificación dos prezos públicos por servizos deportivos da UVigo en 2024.
    Apróbase a modificación
  9. Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo en setembro, outubro e novembro de 2023.
    O Pleno dáse por informado


  10. Rogos e preguntas.
    Interveñen Juan Manuel Vieites e Elena Añel.